Afrancesado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Trocar espazo de nomes 'Imaxe:' e/ou 'Image:' por 'Ficheiro:'
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pt:Afrancesado
Liña 17: Liña 17:
[[es:Afrancesado]]
[[es:Afrancesado]]
[[fr:Afrancesado]]
[[fr:Afrancesado]]
[[pt:Afrancesado]]
[[tr:Afrancesado]]
[[tr:Afrancesado]]

Revisión como estaba o 9 de abril de 2010 ás 16:23

Xosé I

Afrancesado é o nome co cal se coñece en España e Portugal aos partidarios da Revolución Francesa, do liberalismo e das ideas da Ilustración que apoiaron a ocupación francesa da Península Ibérica durante o Primeiro Imperio Francés.

En España o termo xa aparecera durante o reinado de Carlos III aínda que tiña un carácter neutro e só designaba os que seguían as modas francesas e xo adquiriu un significado pexorativo durante o reinado de Xosé I, irmán de Napoleón e que pretendeu reformar as estruturas do estado. Cando caeu o réxime bonapartista en España gran parte dos afrancesados marcharon ao exilio a Francia, entre 4.000 e 12.000. Durante a amnistía de 1820 moitos volveron pero coa fin do trienio liberal volverán cruzar a fronteira.

Galicia

En Galicia houbo 600 acusados de colaborar co goberno de Xosé I, foi a cidade de Santiago de Compostela onde maior fora a influencia dos partidarios de Bonaparte co apoio dunha parte pequena dos profesores da Universidade, existindo xa desde comezos de século un club liberal dirixido por Bazán de Mendoza e Manuel Acuña, aínda que este último se oporá aos franceses. Pola contra Bazán de Mendoza foi o principal valedor dos franceses en Galicia, despois da chegada dos franceses á cidade en xaneiro de 1809 foi director da Universidade, xefe de policía e superintendente do exército. Na cidade da Coruña os afrancesados eran comerciantes de orixe francesa, destacando os irmáns Barrié e membros da burocracia local. En Ferrol os máximos dirixente foran Manuel de la Piedra e o xeneral Pedro Obregón, que contaba co apoio de algúns militares. En Vigo os afrancesados máis importantes tamén eran comerciantes de orixe francesa.

Bibliografía

  • Xosé Ramón Barreiro Fernández, Aproximación histórica ó tema dos afrancesados en Galicia nas III Xornadas de Historia de Galicia, Ourense, 1986