Diocese de Britonia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Fontes: sen embargo non existe en galego
Liña 33: Liña 33:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
===Bibliografía===
*Bernier, Gildas, "As igrexas bretonas en Galicia". Boletín Museo Provincial de Lugo, I. 1983. pp. 67-74.
*García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses, II. 1986. pp. 121-134.
*Richards, Melville, "Mailoc", ''Habis'', III, 1972, p. 159.
*Richards, Melville, "Mailoc", ''Habis'', III, 1972, p. 159.
*Thompson, E. A., "Britonia". Christianity in Britain 300-700, Edd. M.W.Barley e R.P.C.Hanson. Leicester. 1968. pp. 201-205.
*Tovar, António, "Un obispo con nombre británico y los orígenes de la diócesis de Mondoñedo", ''Habis'', III, 1972, pp. 155-158.
*Tovar, António, "Un obispo con nombre británico y los orígenes de la diócesis de Mondoñedo", ''Habis'', III, 1972, pp. 155-158.
*Vives, J., ''Concilios visigóticos e hispano-romanos'', Madrid, 1963.
*Vives, J., ''Concilios visigóticos e hispano-romanos'', Madrid, 1963.

Revisión como estaba o 6 de abril de 2010 ás 23:47

Mapa dos asentamentos britanos arredor do século VI d.C.

A diocese de Britonia foi unha antiga división episcopal da Gallaecia.

Fontes

Esta diocese aparece citada no Parochiale suevorum, un documento que mostra a organización eclesiástica da Galiza da época do Reino Suevo, que se data entre 572 e 573. Aparece citada como Sedem Britonorum, é dicir, sede dos bretóns, indicando que lle pertencen as igrexas do interior dos bretóns, o mosteiro Maximi, e as igrexas sitas en Asturias.

No Primeiro Concilio de Lugo, datado en 569, cítase o bispo Mailoc, como representante de Britonia; este bispo reaparece no 572 no Segundo Concilio de Braga.

A diocese é posteriormente citada noutros concilios, xa con outros representantes en época visigoda (desde 585, o reino suevo fora incorporado aos dominios visigodos), en Toledo (IV, VII e VIII). A derradeira mención corresponde ao ano 675, no III Concilio de Braga. Algúns autores supoñen que o episcopado britoniense desaparece por mor das invasións musulmás, mais polo contrario modernos autores apuntan á continuidade da mesma baixo outra denominación. En calquera caso, a posterior diocese de Mondoñedo-Ferrol sería a herdeira da britoniense.

Localización

A sé da diocese, Britonia, identifícase, tradicionalmente, coa parroquia actual de Bretoña, na zona nororiental de Lugo (Díaz y Díaz identificaa con San Martiño de Mondoñedo, aducindo que Bretoña lembra o seu nome). Do outro lugar de que coñecemos o nome, o mosteiro Máximo, descoñecemos a súa ubicación. A diocese comprendería territorios do Norte da Galiza e Occidente de Asturias, mais sen que poidamos precisar moito máis, no estado actual dos nosos coñecementos. Cada ano no mes de agosto a vila de Bretoña celebra o seu pasado coa Festa do Lugnasad, xuntanza lúdico-cultural que esta a sumar maior capacidade de convocatoria cada ano no calendario festivo galego.

Orixes

A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña[1]. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual de Bretaña, a consecuencia deste poboamento.

É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes[1]. Certos grupos deberon chegar até as costas setentrionais galegas, onde se organizaron en comunidades, e onde introduciron a a súa peculiar organización relixioso-cristiá algo diferente. Os toponimistas non dubidan en identificar os seus asentamentos cos varios lugares denominados Bretoña na Galiza, aparte do da Pastoriza: Bretoña (Barro), Bertonía, Bertoña, etc.

Tamén o nome propio Mailoc é de ascendencia celta-insular, relacionado con diferentes variantes, Maeloc, Maedoc ou Mailog, co significado de príncipe ou xefe[2].

Bispos

Bispos coñecidos da ecclesia Brittaniensis:

Notas

  1. 1,0 1,1 Bretoña, sede do bispado de Britonia.
  2. Indíxenas e romanos na Galicia céltiga, Brañas Abad, Rosa María. (1995).ISBN 13: 978-84-605-4361-9. pp-134.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bernier, Gildas, "As igrexas bretonas en Galicia". Boletín Museo Provincial de Lugo, I. 1983. pp. 67-74.
  • García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses, II. 1986. pp. 121-134.
  • Richards, Melville, "Mailoc", Habis, III, 1972, p. 159.
  • Thompson, E. A., "Britonia". Christianity in Britain 300-700, Edd. M.W.Barley e R.P.C.Hanson. Leicester. 1968. pp. 201-205.
  • Tovar, António, "Un obispo con nombre británico y los orígenes de la diócesis de Mondoñedo", Habis, III, 1972, pp. 155-158.
  • Vives, J., Concilios visigóticos e hispano-romanos, Madrid, 1963.
  • Young, Simon, The Bishops of the early medieval diocese of Britonia (forthcoming).
  • Young, Simon, "Note on Britones in Thirteenth-century Galicia", Studia Celtica, XXXV (2001), pp. 361-2.
  • Young, Simon, "The Forgotten Colony", History Today, L, oct. 2000, pp. 5-6.
  • Young, Simon, "Britonia: Camiños Novos", Noia, 2002. ISBN: 84-95622-58-0.

Ligazóns externas