Mailoc: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:
* García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses 2. 1986. pp 121-134
* García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses 2. 1986. pp 121-134
* Young, Simon, ''Britonia: Camiños Novos'', Noia, 2002. ISBN 84-95622-58-0
* Young, Simon, ''Britonia: Camiños Novos'', Noia, 2002. ISBN 84-95622-58-0

==Notas==






Revisión como estaba o 6 de abril de 2010 ás 22:11

Mailoc (ou Maeloc) foi un bispo galego de orixe bretoa do século VI.

Traxectoria

O seu nome aparece entre os prelados participantes no Primeiro Concilio de Lugo, no ano 569, e no Segundo Concilio de Braga, no ano 572. Representaría a colonia britana estabelecida, no norte da Galiza, por brito-romanos emigrantes que abandonaran a illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña, fuxindo das invasións de anglosaxóns xermánicos, acaecidas entre o século V e o VII.

Mailoc figura como bispo da diocese de Britonia, lugar que os expertos identifican habitualmente coa actual parroquia de Santa María de Bretoña, situado no concello lucense da Pastoriza.

O nome Mailoc ou Maeloc

O seu nome indubidabelmente céltico, corresponde ao actual francés Maclou, como en Saint Maclou, tomado do bretón continental, onde tal santo é tradicionalmente tido por un dos sete fundadores do cristianismo armoricano. O onomástico latinizouse como Maclovius e aínda Machutus. A forma céltica orixinaria debe ser Mac'h Low, composto de «mac'h» "prenda" e «luh» "luz; brillante" .

Curiosidades

O segundo disco do grupo folk galego Milladoiro levaba por título A Galicia de Maeloc.


Predecesor:
Novo título
 Bispo de Britonia 
? - 572 - ?
Sucesor:
Metopio

Véxase tamén

Bibliografía

  • García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses 2. 1986. pp 121-134
  • Young, Simon, Britonia: Camiños Novos, Noia, 2002. ISBN 84-95622-58-0

Notas