Võ Nguyên Giáp: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m bot Engadido: sl:Vo Nguyen Giap
Liña 47: Liña 47:
[[pt:Vo Nguyen Giap]]
[[pt:Vo Nguyen Giap]]
[[ru:Во Нгуен Зиап]]
[[ru:Во Нгуен Зиап]]
[[sl:Vo Nguyen Giap]]
[[sv:Vo Nguyen Giap]]
[[sv:Vo Nguyen Giap]]
[[tr:Vo Nguyen Giap]]
[[tr:Vo Nguyen Giap]]

Revisión como estaba o 6 de abril de 2010 ás 15:36

Ficheiro:General Vo Nguyen Giap.jpg
Vo Nguyen Giap

Võ Nguyên Giáp é un militar vietnamita nado o ano 1912 en An Xa, na província de Quang Binh. Era fillo dun mandarín de segunda clase, e fixo estudos de Dereito e Historia en Hue.

De formació universitaria, foi militante comunista desde os anos 30 do Século XX. En setembro do 1939, logo da prohibición do Partido Comunista, Giáp trasladouse a China onde coñecerá a Ho Chi Minh, con quen crea o Viet Minh na conferencia de Chingsi en maio de 1941. A finais dese ano Giáp marchou as montañas do Vietnam para formar os primeiros grupos guerrilleiros.

Dirixente militar do Vietminh, en decembro de 1944 captura un punto militar francés, logo de ter formado os primeiros batallóns das súas forzas armadas.

Iniciada a Guerra de Indochina en decembro de 1946 logo do bombardeo de Haiphon por parte da Francia, retirouse cara China, ata que en outubro de 1950 ocupa a zona montañosa fronteiriza.

A partir de entón, a guerrilla difundese por Vietnam e Laos. Mais Giáp sempre considerou que só a formación dun auténtico exército podia derrotar os colonialistas.

A fins de 1953 Giáp aceitou o reto francés dunha batalla definitiva: Dien Bien Phu, na que, despois de varias semanas de combatemento, as tropas vietnamitas saíron vencedoras o día 7 de maio de 1954. O que se consideraba imposíbel, a vitoria de colonizados sobre un exército occidental en campo aberto, fóra logrado.

Logo da conferencia de Xenebra, Suíza, que recoñecíaa a independencia das colonias francesa en Indochina, Giáp pasou a ser ministro de defensa de Vietnam do Norte. Simultaneamente, dirixiu as operacións no Sur contra o exército dos norteamericanos e os seus aliados. Lograría converter o fracaso da ofensiva de 1968 nun éxito político, ao demostrar aos estadounidenses que enfrontaban unha guerra inacabable.

Despois do fracaso da ofensiva da Pascua de 1972 foi cesado temporalmente do mando das operacións, pero conservou a cadeira de ministro de defensa. Entre 1976 e 1991 ostentou o cargo de viceprimeiroministro.

Recoñecido como un dos maiores estrategas do século XX, consideraba que a base do poder militar residía no apoio dos campesiños e a tàctica da "guerra prolongada".

Ligazóns externas