Denar macedonio: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: tg:Денари Мақдуния |
m bot Engadido: yo:Macedonian denar |
||
Liña 179: | Liña 179: | ||
[[sv:Makedonisk denar]] |
[[sv:Makedonisk denar]] |
||
[[tg:Денари Мақдуния]] |
[[tg:Денари Мақдуния]] |
||
[[yo:Macedonian denar]] |
|||
[[zh:馬其頓代納爾]] |
[[zh:馬其頓代納爾]] |
Revisión como estaba o 5 de abril de 2010 ás 15:48
Denar macedonio | |
---|---|
Македонски денар en macedonio | |
Ficheiro:Macedonia 10 Awers.JPG | |
Código: | MKD |
Ámbito: | Modelo:MAK |
Símbolo: | Ден. |
Fracción: | 100 deni |
Moedas: | 50 deni 1, 2, 5, 10, 50 MKD |
Billetes: | 10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 MKD |
Emisor: | Banco Nacional da República de Macedonia |
Taxa de troco: 24-11-09 | 1 EUR = 62,01842 MKD 1 USD = 41,51818 MKD |
O dinar (en macedonio: денар, transcrito denar) é a divisa oficial da República de Macedonia. Subdivídese en 100 дени (deni). O código ISO 4217 es MKD e a súa abreviatura común Ден (Den).
Historia
O goberno macedonio decidiu recuperar para a nova unidade monetaria do país o nome dunha moeda histórica macedonia. O dinar (nome derivado do denario romano) era o nome que recibiron un bo número de moedas dende a Idade Media, como os antigos dinares macedonio, húngaro ou croata.
A moeda introduciuse o 26 de abril de 1992 e naquela época era equivalente ao dinar convertible iugoslavo (YUN). O 5 de maio de 1993 reformouse a moeda, e un novo dinar (MKD) equivalía a 100 dos antigos (MKN). É emitida polo Banco Nacional da República de Macedonia (en macedonio: Народна банка на Република Македонија/Narodna Banka na Republika Makedonija).
Moedas
As moedas que se atopan en circulación corresponden aos valores seguintes:
Imaxe | Facial | Circula dende | Metal | Forma | Canto | Diámetro | Peso | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ficheiro:50 Deni Macedonia 1993.jpg | 50 deni | CuZn | Circular | ||||||
Ficheiro:1 Dinar Macedonia 1993.jpg | 1 denar | CuNiZn | Circular | ||||||
Ficheiro:2 Dinar Macedonia 1993.jpg | 2 denares | CuNiZn | Circular | ||||||
Ficheiro:5 denari.jpg | 5 denares | CuNiZn | Circular | ||||||
Ficheiro:10 denari 2008.png | 10 denares | CuNiZn | Circular | ||||||
Ficheiro:50 macedonian denars-coins.jpg | 50 denares | CuNiZn | Circular | 7,7 mm |
Billetes
Os billetes en circulación oficial (serie de 1996) descríbense a continuación:
- 10 MKD
- Tonalidade: violeta e amarelo
- Anverso: torso da deusa exipcia Isida do século III a.C.
- Reverso: un mosaico da Basílica de Stobi (século V) simbolizando un ave do paraíso
- 50 MKD
- Tonalidade: ocre e azul
- Anverso: moeda de cobre do período do Emperador Anastasio I e arco da Igrexa de San Panteleimon en Gomo Nerezi, Skopje
- Reverso: o arcanxo Gabriel nun fresco da Igrexa de San Xurxo en Kurbinovo (lago Prespa)
- 100 MKD
- Tonalidade: violeta e marrón
- Anverso: detalle do rosetón dun teito nunha vivenda típica de Debar
- Reverso: o gravado "Skopje" do neerlandés Jacobus Harevin visto dende unha xanela típica albanesa
- 500 MKD
- Tonalidade: laranxa, vermello e verde oliveira
- Anverso: máscara de ouro do século VI a.C. achada en Trebenista, Ohrid
- Reverso: flor de papoula
- 1000 MKD
- Tonalidade: marrón e púrpura
- Anverso: icono da Virxe Episkepsis co neno Xesús (século XIV) na Igrexa de Santa Sofía en Ohrid
- Reverso: detalle da Igrexa de Santa Sofía en Ohrid