Lingua norueguesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: nn:Norsk
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 94: Liña 94:
[[ca:Noruec]]
[[ca:Noruec]]
[[cs:Norština]]
[[cs:Norština]]
[[cv:Норвег чĕлхи]]
[[cy:Norwyeg]]
[[cy:Norwyeg]]
[[da:Norsk (sprog)]]
[[da:Norsk (sprog)]]

Revisión como estaba o 3 de abril de 2010 ás 23:29


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Noruegués
Norsk
Falado en: Noruega
Rexións: Norte, este Bokmål
oeste Nynorsk
Total de falantes: 5.000.000
Posición: Non está entre os 100 primeiros
Familia: Linguas indoeuropeas
Lingua Xermánica
Linguas xernánicas do norte
Lingua de libro (Bokmål)
Novo nórdico (Nynorsk)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Noruega
Regulado por: Bokmål e Nynorsk: Norsk språkråd (Consello Noruego da Lingua)
Riksmål: Academia Noruega
Códigos de lingua
ISO 639-1: no (Noruego)
nb (Bokmål)
nn (Nynorsk)
ISO 639-2: nor (Noruego)
nob (Bokmål)
nno (Nynorsk)
SIL: [1] (noruegués)
[2] (Bokmål)
[3] (Nynorsk)
Mapa
Status

O noruegués é unha lingua escandinava e oficial na Noruega. É falada por 5 millóns de personas en Noruega.

Existen, por lei, dúas formas oficiais de noruegués escrito, o Bokmål ("lingua de libro") e o Nynorsk ("noruegués novo").

Non hai un estándar oficial para o noruegués falado, aínda que o sociolecto das clases media e alta de Noruega Oriental, no cal está baseado fundamentalmente o noruegués bokmål, é a forma que se ensina aos estudantes estranxeiros. Desde o século XVI ata o século XIX, os danés foi a lingua estándar de escritura en Noruega; como resultado, o desenvolvemento do noruegués escrito moderno foi obxecto dunha forte controversia relacionada co nacionalismo, co discurso rural fronte urbano. Historicamente, o bokmål é a forma norueguesizada do danés, mentres que o nynorsk é a forma baseada nos dialectos noruegueses e representa a oposición purista ao danés. Houbo unha política oficial, xa abandonada, de fusionar ambos nun estándar común chamado samnorsk, dándose unha serie de reformas e de variedades de ambos o bokmål e o nynorsk. A forma non oficial riksmål está considerada como máis conservadora do que o bokmål, e a tamén non oficial høgnorsk máis conservadora que o nynorsk.

Os noruegueses edúcanse en ambos o bokmål e o nynorsk. No 2005 un 86.3% afirmaba usar principalmente bokmål como a forma de escritura, un 5.5% bokmål e nynorsk, e un 7.5% basicamente nynorsk. Dun xeito aproximado, podese dicir que o bokmål e riksmål danse mais nas áreas urbanas e sburbanas, fronte ao nynorsk nas rurais, particularlmente na parte occidental de Noruega. A corporación norueguesa de radiodifusión (NRK) emite tanto en bokmål como en nynorsk, e todas as axencias do goberno deben permitir ambos. O bokmål úsase nun 92% de todas as publicacións.


A modo de exemplo, móstranse algunhas frases onde se aprecian as diferenzas entre bokmål, nynorsk:, riksmål e høgnorsk:

B/R: Jeg kommer fra Norge.(exactamente igual que en danés)

N: Eg kjem frå Noreg.

G: Veño de Noruega.

B/R: Hva heter han?

N/H: Kva heiter han?

G: Como se chama?

B/R: Dette er en hest.

N/H: Dette er ein hest.

G: Ese é un cabalo.

B: Regnbuen har mange farger.

R: Regnbuen har mange farver.

N: Regnbogen har mange fargar.

H: Regnbogen hev mange fargar.

G: O arco da vella ten moitas cores.

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA