Xil Ríos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 48: Liña 48:
*''O mellor de Xil Ríos. Vol.II'' (2005)
*''O mellor de Xil Ríos. Vol.II'' (2005)
*''15 cancións de ouro de Xil Ríos'' (2008)
*''15 cancións de ouro de Xil Ríos'' (2008)
*''O Son da Alma'' (2010)


===Selección das publicacións colectivas===
===Selección das publicacións colectivas===

Revisión como estaba o 3 de abril de 2010 ás 11:49

Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artísticamente como Xil Ríos, nado en Moaña é un cantante e compositor -cantautor- galego.

Traxectoria

Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival "Dorna" de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet co tema "Una anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como rapsoda de Moaña.

Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", que foi vetado na televisión española durante o franquismo: cunha temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.

No ano 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacer o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, que é contemporáneo doutros autores como Voces Ceibes.

Outros datos

  • Ademais da vertente musical, Xil Ríos traballou como hostaleiro na súa localidade natal, Moaña.
  • No ano 2008 "2001 Producciones Artísticas SL" elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, onde se pode atopar unha escolma simbólica da súa traxectoria.
  • O seu disco orixinal máis actual, Vai e vén, constitúe o seu maior achegamento ao folk e nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía Senlle.
  • Foi futbolista moitos anos e chegou a adestrador do Moaña F.C.

Publicacións musicais de Xil Ríos

Individuais ou con colaboracións puntuais

  • Nosa Galicia; Aos meus amigos (1972)
  • Un anaco de pan; A parranda (1972)
  • Miña Maruxiña; El viento canta conmigo (1973)
  • Vamos a beillar; Miña nena (1974)
  • Os mariñeiros; El pregonero (1974)
  • Xil Ríos (1974)
  • Miña rapaciña; Galeguiños (1975)
  • Nunca cambiarás; Querida miña (1976)
  • Trouleada; Outono (1979)
  • Xirarei (1980)
  • A rapaciña galega; O San Blas (1980)
  • Giraré (1980)
  • Xirarei (1980)
  • Tan ta ran tan; Cantiga dos cegos (1981)
  • Tan ta ran tan (1981)
  • Rapaciña Bonita; Miña compañeira (1985)
  • Rapaciña Bonita(1985)
  • De carrallada; Morena (1987)
  • De Carallada (1987)
  • Ledicia (1988)
  • Nosa Galicia (1991)
  • Romería galega (1992)
  • Ai María, María (1992)
  • Que non decaia (1992)
  • Baila (1995)
  • Xil Ríos (1996)
  • O mellor de Xil Ríos (1999)
  • Meu País (1999)
  • Quen non decaia (2002)
  • Vai e vén (2004)
  • O mellor de Xil Ríos. Vol.II (2005)
  • 15 cancións de ouro de Xil Ríos (2008)
  • O Son da Alma (2010)

Selección das publicacións colectivas

  • Los mejores cantantes gallegos (1974)
  • Recordo de Galicia (1975)
  • Cancionero popular gallego (1989)
  • Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992)
  • A gran escolma da música galega. Solistas (1993)
  • Así é a miña terra (1999)

Véxase tamén

Ligazóns externas