Rombozoos: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ar:رحويات |
m bot Modificado: zh:菱形蟲門 |
||
Liña 64: | Liña 64: | ||
[[th:ไดยีมิดา]] |
[[th:ไดยีมิดา]] |
||
[[uk:Дицієміди]] |
[[uk:Дицієміди]] |
||
[[zh: |
[[zh:菱形蟲門]] |
Revisión como estaba o 1 de abril de 2010 ás 10:26
Rhombozoa o Dicyemida son un grupo de animais, constituido por pequenos parasitos dos riles de peixes e moluscos (polbos e calamares). Viven en mucosas e outros lugares cun ambiente practicamente anaeróbico. Existen aproximadamente 75 especies. Cada adulto ten aproximadamente 30 células.
Estrutura
O estadio máis frecuente nestes animais é o de adulto ou nematóxeno. O nematóxeno é un animal pequeno, ciliado, vermiforme e cun número constante de células superficiais ou somatodermo (entre 10 e 15 células segundo a especie) rodeado por unha célula axial alongada e central onde se forman os embrións vermiformes. Nos cefalópodos adultos, as células axiales forman una gónada hermafrodita que produce un óvulo fertilizado polo esperma producido nesa mesma gónada. Cando o hospedador chega a madurez sexual, os nemátoxenos pasan a rombóxenos, cargandose algúnhas células de inclusións e dando lugar a células verruciformes . As células xerminais dos rombóxenos dan lugar a unha larva infusoriforme. Dentro da larva está un espazo chamado furna con catro células centrais rodoeado por detrás e lateralmente por outras células grandes e planas. Diante das células centrais hai unha cavidade da furna, pechada por dúas células ciliadas que están detrás das células apicais. Unha vez que a larva infusoriforme sae do hospedador descoñécese o resto do seu ciclo vital aínda que se supón que entra noutro hospedador.
Clasificación dos rombozoos
Os rombozoos ou Dicyemidos pódense dividir nos seguintes grupos:
- Orde Heterocyemida
- Familia Conocyemidae.
- Xénero Conocyema ( 2 especies)
- Xénero Microcyema ( 1 especie: M. vespa)
- Familia Conocyemidae.
- Orde Dicyemida
- Familia Dicyemidae
- Xénero Dicyema ( 13 especies)
- Xénero Dicyemennea ( 3 especies)
- Xénero Dicyemodeca ( 3 especies)
- Xénero Dodecadicyema ( 1 especie: D. loligoi)
- Xénero Pleodicyema ( 1 especie: P. delamarei)
- Xénero Pseudicyema ( 1 especie: P. truncatum)
- Familia Katharellidae
- Xénero Kantharella ( 1 especie: K. antarctica)
- Familia Dicyemidae
Listaxe dos rombozoos máis coñecidas (por orde alfabetica do nome científico)
- Dodecadicyema loligoi
- Kantharella antarctica
- Microcyema vespa
- Pleodicyema delamarei
- Pseudocyema truncatum
Referenzas
- Furuya, H. & K. Tsuneki. 2003. Biology of Dicyemid Mesozoans. Zoological Science 20: 519-532.
- Furuya, H., F. G. Hochberg, & K. Tsuneki. 2003. Reproductive traits in dicyemids. Marine Biology 143: 693-706.
- Hochberg, F.G. 1982. The "kidneys" of cephalopods: a unique habitat for parasites. Malacologia 23: 121-134.
- McConnaughey, B.H. 1951. The life cycle of the dicyemid Mesozoa. University of California Publications in Zoology 55: 295-336.
- Pawlowski, J.I. et al. 1996. Origin of the Mesozoa inferred from 18S rRNA gene sequences. Molecular Biology and Evolution 13: 1128-1132.