Celeiro (documento): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Descrición: igrexa polas 2 razóns dadas
arranxo
Liña 1: Liña 1:
'''Celeiro''' é o documento máis antigo conservado en [[España]] e fai refencia a unha doazón que o rei [[Silo]] lles fai a cinco frades para construíren unha [[igrexa]]<ref>Bieito Ledo (editor), ''Dicionario Enciclopédico Galego Universal'', tomo 14, Ir indo ed., 2003, páx. 102</ref>.
'''Celeiro''' é o documento máis antigo conservado en [[España]] e fai referencia a unha doazón que o rei [[Silo]] lles fai a cinco frades para construíren unha [[igrexa]]<ref>Bieito Ledo (editor), ''Dicionario Enciclopédico Galego Universal'', tomo 14, Ir indo ed., 2003, páx. 102</ref>.


== Descrición ==
== Descrición ==

Revisión como estaba o 25 de marzo de 2010 ás 17:24

Celeiro é o documento máis antigo conservado en España e fai referencia a unha doazón que o rei Silo lles fai a cinco frades para construíren unha igrexa[1].

Descrición

Este documento é unha doazón que o rei Silo fai o 23 de agosto de 775 a cinco frades para construíren unha igrexa entre os ríos Iube (actual río Eo) e Masma, e máis concretamente entre o río Alesancia (actual río Grande, en Ribadeo) e o Mera, no lugar chamado Lucis, actualmente Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros.

Como mostra textual, imos poñer un fragmento tirado da obra Crónica General del Reino de Galicia de Amor Meilán (tomo dedicado a Lugo):

... in cellarium nostro q. est inter iube et masoma inter ribulum alesancia et mera locum que dicitur lucis determinatum de ipsa uilla ubi ipse noster mellarius habitauit espasaudus et per illum pelagum nigrum et justa montem que dicitur farum et per illas sasas aluas et perilla lacuna usqua in alia lacuna est usque ad petra ficta et per illa lagenam et per ipsum uillare que dicitur desiderii et per illum arogium que dicitur alesanciam et per alia petra ficta q. stat in montem super tabulata per ipsa strata q. sclude terminum usque in locum que dicitur arcas et arogium que dicitur comasio cum omnen exitus et regreso castros duos...

Cellarium (=celeiro); Iube et Masoma (Eo e Masma); pelagium nigrum (=Pozo Negro ou Pélago, Pelamio); petra ficta (=pedra fita)

Pergamiño

O pergamiño orixinal está en lingua latina e pertence á Colección documental do Arquivo Eclesiástico da Catedral de León. As características deste pergamiño son as que seguen:

  • 495x110/140mm, cursiva visigótica, cortado de forma irregular e coa falta dun fragmento na parte inferior que lle afecta á primeira columna de confirmantes. O seu estado de conservación é bo, en xeral, aínda que o texto está desgastado e borroso nalgunha liña.
  • No dorso do pergamiño hai un texto posterior do século XVIII cunha breve descrición do pergamiño, cunha sinatura e incluíndo Legaxo 9º.

Notas

  1. Bieito Ledo (editor), Dicionario Enciclopédico Galego Universal, tomo 14, Ir indo ed., 2003, páx. 102

Ligazóns externas