Referendo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1397271 de 190.1.232.105 (conversa)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Política}}
Un '''referendo''' ou '''plebiscito''' (plural: referendos ou plebiscitos) é unha [[voto|votación]] sobre unha cuestión lexislativa ou [[constitución|constitucional]]. É unha votación oficial para asuntos especiais, onde a opinión do electorado é solicitada.
Un '''referendo''' ou '''plebiscito''' (plural: referendos ou plebiscitos) é unha [[voto|votación]] sobre unha cuestión lexislativa ou [[constitución|constitucional]]. É unha votación oficial para asuntos especiais, onde a opinión do electorado é solicitada.



Revisión como estaba o 22 de marzo de 2010 ás 06:35

Un referendo ou plebiscito (plural: referendos ou plebiscitos) é unha votación sobre unha cuestión lexislativa ou constitucional. É unha votación oficial para asuntos especiais, onde a opinión do electorado é solicitada.

Os referendos poden ser obrigatorios (vinculantes) ou non obrigatorios (consultivos). Un referéndum consultivo deixa a interpretación do voto á lexislatura (coma o referendo sobre a Constitución Europea en España). A súa obrigatoriedade basase no coste político que suporía non obedecelo e non nunha obrigación legal. Un referendo obrigatorio é posible só nalgúns países e sobre algúns temas, e un certo tamaño do electorado participante moitas veces é tamén un requisito previo.

Un plebiscito dirixese a tódolos cidadáns, sen ter en conta os seus dereitos. Un plebiscito, no seu sentido máis estrito, é a petición da aprobación dun decreto gubernamental ou a aprobación das políticas xerais do goberno, tipicamente nos estados sin democracia, parlamentarismo ou órganos representativos.

Algúns países con órganos representativos (parlamentos), o uso do referendo vinculante tamén se emprega para casos de extrema importancia para o país. Algúns exemplos son:

  • Irlanda, cando a Constitución do Estado irlandés Libre foi sustituida pola Constitución de Irlanda por plebiscito o 1 de xullo de 1937.
  • O referéndum de 1988 en Chile onde se votou pola continuidade na presidencia de Augusto Pinochet.
  • En 2004, o difundido referéndum revocatorio convocado en Venezuela para que os votantes evaluasen o desempeño do Presidente Hugo Chávez, onde resultou gañador.
  • Os diversos referendos de ratificación do Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa en varios países da Unión Europea.
  • 2006, o importante Referendo de ampliación da Canle de Panamá, o cal foi aprobado.