Hermenexildo Gotérrez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ru:Эрменегильду Гутерреш; cambios estética
Liña 21: Liña 21:
Foi fillo de [[Gutier Hermenexildez]] ([[810]] - [[875]]), [[Conde de Coimbra]] e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano [[860]] con [[Hermesinda Gatoniz do Bierzo]] (? - [[840]]) - filla de [[Gaton Ramirez]] Conde do [[Bierzo]] e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:
Foi fillo de [[Gutier Hermenexildez]] ([[810]] - [[875]]), [[Conde de Coimbra]] e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano [[860]] con [[Hermesinda Gatoniz do Bierzo]] (? - [[840]]) - filla de [[Gaton Ramirez]] Conde do [[Bierzo]] e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:


#[[Gudilona Menendiz]] ([[862]] -?).
# [[Gudilona Menendiz]] ([[862]] -?).
#[[Árias Menendiz]] ou Arias Mendes ([[911]]-[[924]]).
# [[Árias Menendiz]] ou Arias Mendes ([[911]]-[[924]]).
#[[Elvira Menéndez|Elvira Menendiz]] ([[864]] - [[Outubro]] de [[921]]).
# [[Elvira Menéndez|Elvira Menendiz]] ([[864]] - [[Outubro]] de [[921]]).
#[[Gutier Menendiz]] ([[880]] - [[933]]).
# [[Gutier Menendiz]] ([[880]] - [[933]]).
#[[Inderquina Menendiz]] (? – [[947]]).
# [[Inderquina Menendiz]] (? – [[947]]).
#[[Aldonza Menendiz]] ([[882]]-[[942]]).
# [[Aldonza Menendiz]] ([[882]]-[[942]]).



[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia|Guterrez]]
[[Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia|Guterrez]]
Liña 34: Liña 33:
[[hu:Mendo, Coimbra grófja]]
[[hu:Mendo, Coimbra grófja]]
[[pt:Hermenegildo Guterres]]
[[pt:Hermenegildo Guterres]]
[[ru:Эрменегильду Гутерреш]]

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2010 ás 16:27

Hermenexildo Guterrez foi un líder da nobreza galega do século IX.

Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no norte de Portugal. Pertenceu á Curia Rexia e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de Porto e conquistador de Coimbra, no ano 876.

Conquista de Coimbra

A conquista de Coimbra non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristiá máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de Córdoba Muhammad I reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.

Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada reconquista, chegando ata o río Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmana, no centro da península, estaba aínda a altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.

Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social cristiá no territorio portucalense. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía. Sería o xermolo do futuro Reino de Portugal.

Dux de Galicia

Na rebelión do Dux galego Vitiza contra o rei de Oviedo Afonso III o Magno, aglutinou á nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuiu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.

No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de Dux (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).

Liñaxe real

No ano 900, a súa filla Elvira Menéndez casaba co futuro rei de Galicia e León Ordoño II. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende Sancho Ordóñez ata, polo menos, a casa de Borgoña).

Liñaxe e descendencia

Foi fillo de Gutier Hermenexildez (810 - 875), Conde de Coimbra e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano 860 con Hermesinda Gatoniz do Bierzo (? - 840) - filla de Gaton Ramirez Conde do Bierzo e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:

  1. Gudilona Menendiz (862 -?).
  2. Árias Menendiz ou Arias Mendes (911-924).
  3. Elvira Menendiz (864 - Outubro de 921).
  4. Gutier Menendiz (880 - 933).
  5. Inderquina Menendiz (? – 947).
  6. Aldonza Menendiz (882-942).