Libra da Illa de Man: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 48: Liña 48:
[[Categoría:Moedas]]
[[Categoría:Moedas]]
[[Categoría:Moedas do Reino Unido|Illa de Man]]
[[Categoría:Moedas do Reino Unido|Illa de Man]]
[[Categoría:Moedas europeas]]


[[ca:Lliura de l'illa de Man]]
[[ca:Lliura de l'illa de Man]]

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2010 ás 14:36

Libra da Illa de Man
Punt Ellan Vannin (Manx)
Manx pound (inglés)
Ficheiro:IsleofManPound.png
Código:IMP ou GBP
Ámbito: Illa de Man
(xunto coa libra esterlina)
Símbolo:£
Fracción:100 peniques
Moedas:1, 2, 5, 10, 50 peniques e 1 e 2 £
Billetes:1, 5, 10, 20 e 50 £
Emisor:Departamento do Tesouro da Illa de Man
Taxa de troco:
21-03-2010
1 EUR = 0.9011 GBP
1 USD = 0.6658 GBP
ou GBP&submit=Convertir Troco actual

A libra da Illa de Man ou libra da Illa de Man (Manx: Punt Ellan Vannin; Inglés: Manx pound) é a divisa oficial da Illa de Man, unha dependencia da Coroa británica. É emitida polo Goberno da Illa de Man (Reiltys Ellan Vannin en manx, Isle of Man Government en inglés). A pesares de todo, a libra da Illa de Man non é, legalmente falando, unha unidade monetaria independente, senón que se trata dunha emisión especial da libra esterlina para a Illa.

Ao non tratarse dunha moeda independente, non ten un código ISO 4217 específico. Polo tanto, comparte o código estándar internacional das moedas británicas, GBP, se ben acostúmase a empregar tamén o código non oficial IMP. O símbolo máis habitual da libra da Illa de Man é £. Subdivídese en 100 peniques.

A Isla de Man emite billetes dende 1840; e dende 1971, ano no que se leva a cabo a decimalización da libra esterlina, emite tamén moedas. A libra da Illa de Man ten o mesmo valor que a esterlina e ámbalas dúas poden ser empregadas na Illa, cousa que non sucede ao revés, xa que a libra da Illa de Man non se acepta no resto do Reino Unido. Esto aplícase sobre todo no caso dos billetes, xa que as moedas sí que circulan no resto do Reino Unido debido a que teñen a mesma forma e tamaño que as moedas de libra esterlina.

Moedas e billetes

Circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 peniques e de 1, 2 e 5 libras, e billetes de 1, 5, 10, 20 e 50 libras. Como se puede comprobar, algúns valores están representados tanto en moedas como en billetes.

O anverso, tanto das moedas coma dos billetes conta coa efixie da raíña Isabel II do Reino Unido, mentres que o reverso mostra paisaxes e elementos tradicionais da Illa de Man, coma por exemplo o tríscele nas moedas dunha libra.

As imaxes que aparecen nos billetes da Illa son as seguintes:

Ligazóns

Penique da Illa de Man de 1839
Ficheiro:IsleofManPound.png
Moeda dunha libra da Illa de Man de 2003