Transilvanians: Diferenzas entre revisións
m {{FormatoWiki}}{{Atención}} |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{FormatoWiki}}{{Atención}} |
|||
== Biografía == |
== Biografía == |
||
Revisión como estaba o 15 de marzo de 2010 ás 06:50
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. |
Biografía
A banda fórmase en Vigo a finais do ano 2004, con membros procedentes doutros grupos de diversos estilos musicais; Siniestro Total, Skacha, Dakidarria, Os Resentidos... etc
Devotos confesos da música tradicional Jamaicana móvense entre estilos como o Ska, Rocksteady, Reggae ou a Soul music, sen deixar de lado influencias R&B ou Surf. Isto unido á súa paixón polo xénero de terror, a serieB e a ciencia-ficción conforman unha proposta cando menos orixinal.
Xunto ás composicións propias, temas de The Skatalites, Jimmy Cliff, Phyllis Dillon, Joya Landis ou Barbara Lynn... conforman o repertorio habitual dos seus concertos.
Participaron coa súa canción KINGSTON TOWN / SANTIAGO DC, xunto a outras bandas galegas no A Polo Ghit, un concurso organizado pola Radio Galega e Vieiros, para elixir a canción galega do verán.
No ano 2006, entran nos estudios Muu! de Vigo a gravar de forma totalmente analóxica (como antano) cinco cancións que sairon editadas no nadal de ese mesmo ano, baixo titulo homónimo, en formato CD e EP polo selo El Ejecutor Records.
Despois da sua participación no disco tributo a Potato, e a sua exitosa xira do ano 2009, este 2010 voltan con mais forza e con novas cancións que rexistran en Studio Juan e que sairán editadas en dous traballos nos vindeiros meses; Un single en formato 7" editado por Liquidator Music chamado 'The Vault Of..' e o seu agardado primeiro LP/CD que se chamará 'Vampire Lover' editado por ZombieJ.
Compoñentes
Almu Janeiro - Voz Pabolo Muníz - Baixo Pedro Díaz - Guitarra & Reverb Xabi Vieitez - Piano & Hammond Javier F. Soto - Guitarra Kino Little Cobra - Batería J. Crossroad - Saxo Tenor Antonio Rodríguez - Trombón X. GDjazz - Trompeta
Discografía
2006 - Transilvanians CD/EP 7" - (Ejecutor Records/(Zombie Jamboree)
2010 - The Vault Of.. SG 7" - (Liquidator Records)
2010 - Vampire Lover CD/LP - (ZombieJ Records)
Enlaces
Transilvanians Sitio Oficial Transilvanians en Myspace Transilvanians en Facebook