Oakland: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{| border=1 align=right cellpadding=4 cellspacing=0 width=300 style="margin: 0 0 1em 1em; background: #f9f9f9; border: 1px #aaaaaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 95%;" ..."
 
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16: Liña 16:
! colspan="2" bgcolor="#e3e3e3" | Información
! colspan="2" bgcolor="#e3e3e3" | Información
|-
|-
||[[País]]|| [[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px]] [[EUA|Estados Unidos]]
||[[País]]|| [[Ficheiro:Flag of the United States.svg|20px|border]] [[EUA|Estados Unidos]]
|-
|-
||[[Estados dos Estados Unidos de América|Estado]]|| [[Ficheiro:Flag of California.svg|20px]] [[California]]
||[[Estados dos Estados Unidos de América|Estado]]|| [[Ficheiro:Flag of California.svg|20px|border]] [[California]]
|-
|-
|[[Superficie]]|| 202,4 [[km²]]
|[[Superficie]]|| 202,4 [[km²]]

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2010 ás 19:38

Oakland
Bandeira
Mapa
Información
País Estados Unidos
Estado California
Superficie 202,4 km²
Poboación 404.155 (2008)
Densidade 2.783,4 hab./km²
Alcalde Ron Dellums
Páxina Oficial

Oakland é unha cidade en California situada na parte este (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade étnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Poboación demográfica

Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo da EE.UU. 2005 mostran un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras étnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera étnia eran o 28,03% da poboación.

Xeografía

  • Altitude: 12 metros.
  • Latitude: 37º 48' N
  • Lonxitude: 122º 15' O

Deportes

Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

Persoeiros

A novelista Amy Tan, autora do Joy Luck Club naceu e criouse en Oakland. En canto ao deporte, naceu nesta cidade o ex-xogador de baloncesto Gary Payton. Tamén naceron en Oakland os cantantes que conforman o grupo de punk rock Green Day, é dicir Billie Joe Armstrong (vocalista e compositor), o baixista Michael Ryan Pritchard (Mike Dirnt), e o batería Frank Edwin Wright III (Tré Cool).

Transporte público

Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbahía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.

Autoestradas

Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.

Aeroporto de Oakland

O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e Canadá.

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas