Franz Marc: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Franz Marc en Commons
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: el:Φραντς Μαρκ
Liña 46: Liña 46:
[[da:Franz Marc]]
[[da:Franz Marc]]
[[de:Franz Marc]]
[[de:Franz Marc]]
[[el:Φραντς Μαρκ]]
[[en:Franz Marc]]
[[en:Franz Marc]]
[[eo:Franz Marc]]
[[eo:Franz Marc]]

Revisión como estaba o 14 de marzo de 2010 ás 02:26

August Macke. Retrato de Franz Marc. 1910. Neue Nationalgalerie.
The Fate of the Animals, 1913. Exposta no Basel Kunstmuseum na cidade de Basilea.

Franz Marc (8 de febreiro de 18804 de marzo de 1916) foi un dos principais pintores alemáns do movemento do Expresionismo.

Carreira

Marc naceu na cidade de Múnic e alí estudou na Academia de Belas Artes, comezando no ano 1900. Entre os anos 1903 e 1907 instalouse na cidade de París onde naceu a súa admiración polo pintor Vincent van Gogh. Em París, Marc desenvolveu unha grande amizade co tamén pintor August Macke en 1910. Em 1911 formou o círculo de artistas chamado Der Blaue Reiter xunto con Macke, Wassily Kandinsky e outros artistas que decidiran rachar co movemento do Neue Künstlervereinigung.

Expuxo os seus primeiros traballos na primeira exposición do Der Blaue Reiter na Galería Thannhauser en Múnic entre decembro de 1911 e xaneiro do 1912. A exposición tamén percorreu as cidades de Berlín, Colonia, Hagen, e Frankfurt. En 1912, Marc coñeceu a Robert Delaunay, o que sería a súa segunda grande influencia, polo seu uso da color e por ser o creador do Futurismo.

O seu nome está na lista dos artistas que tiveran que combater na Primeira Guerra Mundial. Franz Marc morreu na Batalla de Verdun mentres montaba a cabalo en 1916.

Estilo e legado

A maior parte das obras de Marc está relacionada co mundo da natureza. O seu traballo caracterizouse polo uso de colores rechamantes e do cubismo nos seus cadros de animais.

A obra máis coñecida de Marc é Tierschicksale (tamén coñecida como Animal Destinies ou Fate of the Animals), completada en 1913. Atópase na Basel Kunstmuseum en Basilea.

En outubro de 1998, moitas das obras de Marc chegaron a prezos marca na poxa de arte Christie's na cidade de Londres , entre as que se atopaba o seu Rote Rehe I (Cervo vermello I), vendida por 3,30 millóns de libras. Ó ano seguinte esta cifra foi superada por Der Wasserfall (A fervenza) que foi vendida na Sotheby's de Londres, por 5 millóns de libras.

Galería de imaxes

Ligazóns externas