Gálatas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Galatia Map.png|thumb|right|250px]][[Image:NAMA Galate.jpg|thumb|250px|Guerreiro galata ferido, estatua da Agora dos Italianos en [[Délos]], [[-100|100 A.C.]] aprox., [[Museo Nacional de Arqueoloxía de Atenas]]]]
[[Ficheiro:Galatia Map.png|thumb|right|250px]][[Image:NAMA Galate.jpg|thumb|250px|Guerreiro galata ferido, estatua da Agora dos Italianos en [[Delos - Δήλος]], [[-100|100 A.C.]] aprox., [[Museo Nacional de Arqueoloxía de Atenas]]]]
[[Ficheiro:Dying gaul.jpg|thumb|300px|A famosa escultura [[Helenismo|helenística]] ''galo moribundo'' foi feita en recordo da vitoria de [[Atalo I Soter]] sobre os '''gálatas'''. Que se chame ''galo moribundo'' débese a que os '''gálatas''' eran un pobo [[Galia|galo]], e non se lles chamou polo seu nome actual ata que se asentaron en [[Capadocia]] e fundaron o país de [[Galacia]]]]
[[Ficheiro:Dying gaul.jpg|thumb|300px|A famosa escultura [[Helenismo|helenística]] ''galo moribundo'' foi feita en recordo da vitoria de [[Atalo I Soter]] sobre os '''gálatas'''. Que se chame ''galo moribundo'' débese a que os '''gálatas''' eran un pobo [[Galia|galo]], e non se lles chamou polo seu nome actual ata que se asentaron en [[Capadocia]] e fundaron o país de [[Galacia]]]]



Revisión como estaba o 11 de marzo de 2010 ás 17:27

Guerreiro galata ferido, estatua da Agora dos Italianos en Delos - Δήλος, 100 A.C. aprox., Museo Nacional de Arqueoloxía de Atenas
A famosa escultura helenística galo moribundo foi feita en recordo da vitoria de Atalo I Soter sobre os gálatas. Que se chame galo moribundo débese a que os gálatas eran un pobo galo, e non se lles chamou polo seu nome actual ata que se asentaron en Capadocia e fundaron o país de Galacia

Os gálatas ou galateos foron un pobo celta que se asentou no centro da península de Asia Menor en torno ó século III antes de Cristo.

Invasión

Procedentes da Galia, foron parte dunha invasión de galos cara oriente. Atravesaron Bulgaria, e chegaron a Anatolia pasando por Grecia e polo estreito de Dardanelos.

As costumes dos gálatas sorprenderon ós helenos, quenes vían con asombro que, tralas súas derrotas, os guerreiros deste pobo se inmolasen xunta ás súas mulleres.

A chegada dos gálatas a Asia Menor non foi pacífica, senón moi violenta, e facilmente venceron ós países que aquí existían, ós que saquearon e impuxeron tributos. O rei de Pérgamo Eumenes I logrou salvarse do seu ataque posiblemente grazas a pagarlle tributo, pero o seu sobriño e sucesor Atalo I Soter (salvador) venceu ós gálatas e logrou expulsalos, e estes tiveron que retirarse da rexión.

Asentamento

Os gálatas retiráronse entón a Capadocia, no centro de Anatolia, onde se estableceron e crearon o país de Galacia. A partir deste momento son chamados tal como se coñecen hoxe, gálatas ou galateos.

Constancia na Biblia

Como a tantos outros pobos, o apóstol San Paulo envía unha epístola ós gálatas, coa fin de darlles a coñecer as ensinanzas de Xesucristo e cristianizalos.

O libro da Biblia no que se atopa esta epístola é a Carta de San Paulo ós gálatas, que ten como abreviatura Gal.

Curiosidades

Os gálatas deixaron no centro de Turquía a súa pegada, que se reflicte en que moitos turcos desta rexión teñan trazos que poden considerarse europeos, coma pelo loiro ou ollos azuis.

A capital turca, Ancara, atópase no lugar que antigamente ocupaban os gálatas. Esta cidade xa existía moito antes da invasión deste pobo, e foi fundada polos pobos hatti, o pobo que vivía na rexión xa antes de ser invadida polos hititas.

O suburbio ao norte do Corno d'Ouro fronte a Istambul chamouse dende sempre Gálata.