Acio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Racimo
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 13: Liña 13:
[[Categoría:Termos botánicos]]
[[Categoría:Termos botánicos]]


[[ca:Raïm (inflorescència)]]
[[cs:Hrozen]]
[[cs:Hrozen]]
[[de:Traube]]
[[de:Traube]]

Revisión como estaba o 10 de marzo de 2010 ás 14:11

Esquema dun acio

O acio é un tipo de inflorescencia indefinida, caracterizado por presentar un eixo ou raque que medra indefinidamente mentres que aos costados prodúcense as xemas florais pediceladas que se abren a medida que aquel se desenvolve. A floración prodúcese en sentido acrópeto, é dicir, ábrense antes as flores inferiores do eixo e a maduración progresa cara ao ápice da inflorescencia.

Acio en Barbaraea vulgaris

O resto dos tipos de inflorescencias de tipo acio simples (espiga, amento, umbela, etc.) pódense derivar facilmente desta estrutura. A inflorescencia composta formada por un acio de acios (acio composto) recibe o nome de panícula, como na vide.

Referencias

  • Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Arxentina de Agricultura e Xardinaría. Editorial ACME, BsAs.
  • Font Quer, P. 1953. Dicionario de botánica. Barcelona, Editorial Labor.