Sueste asiático: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hy:Հարավ-Արևելյան Ասիա; cambios estética
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nn:Søraust-Asia
Liña 74: Liña 74:
[[ms:Asia Tenggara]]
[[ms:Asia Tenggara]]
[[nl:Zuidoost-Azië]]
[[nl:Zuidoost-Azië]]
[[nn:Søraust-Asia]]
[[no:Sørøst-Asia]]
[[no:Sørøst-Asia]]
[[pl:Azja Południowo-Wschodnia]]
[[pl:Azja Południowo-Wschodnia]]

Revisión como estaba o 7 de marzo de 2010 ás 19:14

Sueste asiático

O sudeste asiático é unha subrexión de Asia que comprende gran variedade de países cunha certa unidade cultural e histórica, está ubicada entre os paralelos 90 e 130 aproximadamente e entre os meridianos 30 e 17. Comprende dúas rexións xeográficas diferenciadas, Indochina e Insulindia divididas en 11 estados que cubren unha superficie aproximada de 11.000.000 km² no que viven 550.000.000 persoas.

O nome non se comezou a empregar ata o século XX. O principal feito histórico que determinou a vida da rexión foi indudablemente que se atopa situada entre os dous xigantes asiáticos: China e India. Deles houberon influenzas do tipo cultural, lingüístico, relixioso e político que aínda subsisten. A rexión é tamén zona de encontro de dous grupos humanos que se mesturaron pacificamente co pasar do tempo: o tipo malasio que vén do sur e das illas, co tipo asiático do leste que vén do norte.

Cara ao século I toda a rexión recibiu unha forte inmigración dos pobos da India, especialmente do norte e da casta dos bramáns. Tales pobos trouxeron consigo o hinduismo e moldearon as linguas primitivas cun grande aporte do sánscrito. O hinduismo perduró na rexión ata o século XV cando na península Indochina introduciuse o budismo de Theravada desde Sri Lanca e nas illas comezou a invasión do Islam. Os séculos XVII e XVIII viron tamén o advenimiento do colonialismo. O único país que o puido evitar, grazas ás políticas de modernización do seu monarca, foi Tailandia (antiga Siam).

Da herdanza hinduista é testemuña a illa de Bali, que formando parte do meirande país musulmán do mundo (Indonesia), a relixión maioritaria é aínda o hinduísmo.

En total, a superficie do Sureste Asiático ascende a uns 4.000.000 km². No ano 2004 máis de 593 millóns de persoas habitaban na rexión, a sexta parte (114 millóns) na illa de Xava (Indonesia), unha das illas máis poboadas do mundo.

Países