Xoana Seymour: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: hu:Seymour Johanna angol királyné |
m bot Engadido: sh:Jane Seymour |
||
Liña 73: | Liña 73: | ||
[[ro:Jane Seymour]] |
[[ro:Jane Seymour]] |
||
[[ru:Сеймур, Джейн]] |
[[ru:Сеймур, Джейн]] |
||
[[sh:Jane Seymour]] |
|||
[[simple:Jane Seymour]] |
[[simple:Jane Seymour]] |
||
[[sk:Jana Seymourová]] |
[[sk:Jana Seymourová]] |
Revisión como estaba o 5 de marzo de 2010 ás 23:42
|
Xoana Seymour tamén coñecida como Jane Seymour (1509 – 24 de outubro de 1537) foi a terceira muller de Henrique VIII de Inglaterra, e nai do futuro rei Eduardo VI. Finou 12 días despois de concibir ao futuro rei.
Seymour foi a cuarta filla dos 9 fillos que tiveron Xoán Seymour de Wiltshire e Margarida Wentworth. Logo de servir coma asistente de Catarina de Aragón e de Ana Bolena, esposas ambas as dúas de Henrique VIII de Inglaterra, Xoana espertou o interese do rei e mailo favor deste ao seguir a mesma táctica cortesá de Ana Bolena, de se negar reiteradamente ás propostas sexuais do rei co fin de aumentar o seu desexo até o punto de conseguir os mesmos favores que conseguira a arteira Ana. A diferenza dos seus irmáns e da súa predecesora Ana Bolena, non simpatizaba coas ideas relixiosas protestantes. O desexo do rei Henrique de casar con ela acelerou as falsas acusacións de adulterio contra a, aínda daquela, raíña Ana. Así, finalmente Xoana e Henrique casaron no palacio de York, o 30 de maio de 1536, tan só 11 días despois da execución de Ana Bolena na Torre de Londres. Decontado, Xoana ficaría grávida.
A preñez espertou en Xoana unhas arelas irrefreábeis de comer perdices. O rei ordenaba traelas dende Calais e Flandres. Engordou terribelmente e tivéronse que amañar todos os seus vestidos. Xoana deu a luz a un varón, o futuro rei Eduardo VI, o 12 de outubro de 1537. Contraeu febres puerperais e morreu doce días máis tarde, o 24 de outubro de 1537. Está enterrada no Castelo de Windsor.
Os dous ambiciosos irmáns de Xoana, Tomás e Eduardo, abusaron da súa memoria para aumentaren as súas propias fortunas. Tras a morte de Henrique, Tomás contraeu matrimonio coa súa viúva, Catarina Parr (sexta e derradeira esposa de Henrique). Durante o período de rexencia de Eduardo VI, Eduard Seymour foi o seu protector e o gobernante real de Inglaterra. Ambos os dous irmáns foron axustizados.
Das seis mulleres que tivo o rei Henrique VIII, Xoana Seymour foi considerada polo mesmo rei coma súa "verdadeira" esposa, ao ser a única que lle deu o herdeiro varón que tan desesperadamente desexaba. Tanto era así, que á morte desta a corte ao completo gardou loito durante certo tempo seguindo a orde do rei. E cando Henrique faleceu, sepultárono ao lado de súa esposa, Xoana Seymour, na Capela de San Xurxo sita no Castelo de Windsor.
Predecesor: Ana Bolena |
Raíña Consorte de Inglaterra 1536 - 1537 |
Sucesor: Ana de Cleves |