Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Tavani
descrición
Liña 2: Liña 2:
Denomínase '''Cancionero da Biblioteca Nacional''' de [[Lisboa]], xa que a devandita institución adquiriuno en [[1924]].
Denomínase '''Cancionero da Biblioteca Nacional''' de [[Lisboa]], xa que a devandita institución adquiriuno en [[1924]].


== Descrición ==
A compilación deste cancioneiro fíxose en [[Italia]] no final do [[século XV]] ou inicios do [[século XVI]] por encargo do humanista [[Angelo Colocci]]. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e da Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o gardou na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).
A compilación deste cancioneiro fíxose en [[Italia]] no final do [[século XV]] ou inicios do [[século XVI]] por encargo do humanista [[Angelo Colocci]]. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e da Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o gardou na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).



Revisión como estaba o 5 de marzo de 2010 ás 11:49

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancutti, coñecido coa sigla B (ou CB) [1] é unha das tres colectáneas de lirismo trobadoresco galaico-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e mal-dizer). Denomínase Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa, xa que a devandita institución adquiriuno en 1924.

Descrición

A compilación deste cancioneiro fíxose en Italia no final do século XV ou inicios do século XVI por encargo do humanista Angelo Colocci. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e da Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o gardou na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).

Este cancioneiro é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis mans (incluída a de Colocci) as que traballarían no manuscrito, tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu do propio puño moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas razos esquecidas polos copistas; ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaron a nós. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por D. Manuel I de Portugal ao Papa León X (1514) en que figuraba Garcia de Resende. Alí serían copiados sobre o(s) orixina(l/is) por Colocci e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.

Trátase do cancioneiro máis abundante no número de composicións, pois contén 1560 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores[2]. Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a Arte de trobar, e cinco lais narrativos.

Notas

  1. TAVANI, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed, Galaxia, 1988, páxina 52
  2. Henrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da ría de Vigo. Galaxia. 1998, páxina 50

Véxase tamén

Ligazóns externas