Diferenzas entre revisións de «The Homens»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
A principios de [[2007]] o grupo participa do disco homenaxe a [[Andrés do Barro]] ''[[Manifesto Dobarrista]]'', coa canción "Con máis amor".
 
No ano [[2007]], sacan á luz o seu primeiro traballo longo ''[[Tres]]'', sen dúbida o disco máis ambicioso da banda, gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava, e coa asistencia na produción de Santi García. O disco será editado por [[Falcatruada]] baixo dúas formas: unha edición en [[CD (informática)|CD]] e outra limitada que inclúe un vinilo, e o [[CD (informática)|CD]] no que figura unha pista de datos coas cancións en [[mp3]] . Ademais diso, disponibilízanse nove dos seus once temas para a libre descarga dende a propia web do grupo. O disco será escollido como o segundo mellor traballo de [[2007]] polos lectores da [[Sono-tone]]. O grupo continuou o seu traballo con multitude de concertos por todo país, así como en [[Portugal]], e[[Alemaña]], [[Euskadi]] ou [[Cataluña]].
 
A comezos do [[2008]], e xunto con [[Samesugas]], unha banda coa que comparten comezos e boas relacións, sacan en vinilo o [[EP]] conxunto ''The Homens Vs. Samesugas'', no que ambos grupos intercambian versións e inclúen temas novos.
Usuario anónimo

Menú de navegación