The Homens: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 31: Liña 31:
*''Tres'' ([[Falcatruada]], [[2007]]).
*''Tres'' ([[Falcatruada]], [[2007]]).
*''The Homens Vs. Samesugas'' ([[Lixo Urbano]], [[Crack! Records]], [[2008]]).
*''The Homens Vs. Samesugas'' ([[Lixo Urbano]], [[Crack! Records]], [[2008]]).
*''Cuarta potencia ([[Lixo Urbano]], [[2009]]).
*''Cuarta potencia'' ([[Lixo Urbano]], [[2009]]).


==Presenza en discos colectivos==
==Presenza en discos colectivos==

Revisión como estaba o 3 de marzo de 2010 ás 10:27

The Homens
OrixeCompostela, Galiza
Período2004 - ?
Xénero(s)Powerpop, Post-core
Selo(s) discográfico(s)Autoedición, Falcatruada, Lixo Urbano, Crack! Records
MembrosMartin Wu, Roi, Xocas e Cristovo
Na rede
www.thehomens.com

The Homens é un grupo galego encadrado dentro do xénero musical coñecido como power pop.

Traxectoria

Tivo os seus inicios sobre o ano 2004 na Casa Xurásica de Compostela, no mesmo ambiente doutras bandas como Samesugas ou Fame Neghra. Os seus compoñentes tiñan experiencia en grupos como os propios Fame Neghra, Street Fighter ou Stay Pretty, en liñas próximas ao garage ou ao hardcore. Porén, a formación da banda supón a adopción dun estilo moito máis próximo ao powerpop, con puntuais influencias de post-core e britpop. A súa aposta musical toca dous vértices: a posibilidade de facer música pop sen complexos en lingua galega, e o compromiso coa libre difusión da cultura. Neste último sentido, a inmensa maioría dos seus traballos pode ser descargado de balde da súa propia páxina web, baixo licenzas Creative Commons.

O seu primeiro traballo, o EP The Homens sae á luz no verán de 2005, en formato mp3. En menos dun ano, seguirá outro EP, The Homens #2. A edición deste segundo disco será en formato físico, nun CD de sete pistas. Edítanse seis novos temas e inclúese "Desaparece", do anterior traballo. Deses seis novos temas, cinco serán disponibilizados para a libre descarga na web do grupo. O ano 2006, co lanzamento do novo traballo, supón un aumento da popularidade e da actividade do grupo, que chega a dar uns 30 concertos pola Galiza, visitando tamén varios festivais en Portugal. A súa canción "Sandra Dee" quedará entre as dez primeiras do concurso A polo ghit e o EP será escollido polos lectores da Sono-tone como un dos cinco mellores traballos do ano.

A principios de 2007 o grupo participa do disco homenaxe a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, coa canción "Con máis amor".

No ano 2007, sacan á luz o seu primeiro traballo longo Tres, sen dúbida o disco máis ambicioso da banda, gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava, e coa asistencia na produción de Santi García. O disco será editado por Falcatruada baixo dúas formas: unha edición en CD e outra limitada que inclúe un vinilo, e o CD no que figura unha pista de datos coas cancións en mp3 . Ademais diso, disponibilízanse nove dos seus once temas para a libre descarga dende a propia web do grupo. O disco será escollido como o segundo mellor traballo de 2007 polos lectores da Sono-tone. O grupo continuou o seu traballo con multitude de concertos por todo país, así como en Portugal e Cataluña.

A comezos do 2008, e xunto con Samesugas, unha banda coa que comparten comezos e boas relacións, sacan en vinilo o EP conxunto The Homens Vs. Samesugas, no que ambos grupos intercambian versións e inclúen temas novos.

Discografía

Presenza en discos colectivos

Véxase tamén

Ligazóns externas