Embrión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Embrion
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:배 (생물학)
Liña 47: Liña 47:
[[ja:胚]]
[[ja:胚]]
[[jv:Embrio]]
[[jv:Embrio]]
[[ko:배 (생물학)]]
[[la:Embryo]]
[[la:Embryo]]
[[lb:Embryo]]
[[lb:Embryo]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2010 ás 14:39

Un embrión é un organismo pluricelular que se atopa nas súas primeiras etapas de desenvolvemento. Nos organismos que se reproducen de xeito sexual, a fusión do espermatozoide e do óvulo no proceso chamado fecundación, determina a formación dun cigoto, que contén unha combinación do ADN de ambos proxenitores.

Xusto despois da súa formación, o cigoto comeza un proceso de división, o cal produce un incremento do número de células, chamadas blastómeros. Logo diso iníciase un proceso de (diferenciación celular) que determinará a formación dos diferentes órganos e texidos de acordo a un patrón establecido para dar lugar a un organismo final. Perante este proceso de diferenciación celular podemos diferenciar tres etapas: blastulación, gastrulación e organoxénese.

Ao rematar o desenrolo embrionario, o organismo resultante recibe o nome de feto e completará o seu desenrolo até o momento do parto.

Desenvolvemento embrionario na especie humana

Embrión humano ás 5 semanas de xestación (10 mm.).

O embarazo comeza cando un espermatozoide fecunda a un óvulo e fórmase un cigoto, proceso que ocorre no oviducto (trompa de Falopio) da muller. O cigoto divídese primeiro en dúas células, posteriormente en catro, en oito, dezaseis, trinta e dúas, chegando ao cuarto día á mórula. O cigoto segue o seu camiño até implantarse no útero, entre 4 e 7 días despois da fecundación. Trinta horas despois da concepción, o cigoto sufre a primeira división celular. O embrión, como se chama a partires de ese momento, segue a se dividir a medida que percorre a trompa de Falopio. Implántase na parede uterina uns seis días despois da fecundación, cando xa se converteu nunha esfera de células con unha masa embrionaria discoidal. Na segunda semana comeza a formarse a placenta, que nutre ao embrión, formado xa por tres tipos de texido primordial: endodermo, ectodermo e mesodermo. No curso da terceira semana fórmase o tubo neural, precursor do sistema nervoso. Na cara dorsal do embrión comenzan a formarse masas de tecido muscular chamadas sómitas ou sómites, das que surxirán os principais órganos e glándulas. Os vasos sanguíneos e os primordios da cavidade dixestiva xurden cara o final de esta semana. Cando remata o primeiro mes, xa comezaron a desenvolverse todos os órganos importantes. Os ollos son perceptibles, os brazos e as pernas comezan a aparecer e late por primeira vez un corazón de catro cavidades.

Perante ese proceso, comeza a segmentarse, no útero e alcanza o estadio de blástula. Certos trocos no blastocito determinan a diferenciación e a formación de dous macizos celulares: un interno, o embrioblasto, que orixina as estruturas propias do embrión, e outro externo, o trofoblasto que forma a placenta e os demais anexos embrionarios. O endometrio nútrese e pode recibir o blastocito e, unha vez alí, este entra en contacto cos vasos sanguíneos maternos. Do mesmo xeito, fórmase o cordón umbilical, que une o embrión á placenta.

Véxase tamén

Ligazóns externas