Unión Progreso y Democracia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1397202 de 150.244.252.184 (conversa)
m no PP pon Génova, no PSOE Ferraz e neste Calle Ourense. Déixoo como Ourense, a secas
Liña 10: Liña 10:
|fundación = setembro de [[2007]]
|fundación = setembro de [[2007]]
|ideoloxía = [[Laicismo]]<br>[[Nacionalismo español]]<br>[[Constitucionalismo]]
|ideoloxía = [[Laicismo]]<br>[[Nacionalismo español]]<br>[[Constitucionalismo]]
|sede= Calle Ourense, 25, 6ºB, 28020, [[Madrid]]
|sede= Ourense, 25, 6ºB, 28020, [[Madrid]]
|web = [http://www.upyd.es www.upyd.es]
|web = [http://www.upyd.es www.upyd.es]
|publicación = s/d
|publicación = s/d

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2010 ás 22:26

Unión Progreso y Democracia (UPyD)
Partido político de España
Dirixentes e organización
LíderRosa Díez
(Voceira)
Mocidadess/d
Filiación internacionalNon ten
Historia
Fundaciónsetembro de 2007
Posicións políticas
IdeoloxíaLaicismo
Nacionalismo español
Constitucionalismo
Representación
Representación1 deputado (de 350) no Congreso dos Deputados
Outros datos
SedeOurense, 25, 6ºB, 28020, Madrid
Publicacións/d
Na rede
www.upyd.es
Facebook: Union.Progreso.y.Democracia Twitter: UPYD Instagram: upyd_es Youtube: UCxvyhTVufyLUvUdBrAKxkWA Editar o valor em Wikidata

Unión Progreso y Democracia (en galego Unión Progreso e Democracia) (coñecido como UPD, segundo os seus estatutos UPyD), fundado en 2007, é un partido político español. Foi inscrito no rexistro de partidos do Ministerio do Interior o 6 de setembro de 2007. Entre os seus promotores atópanse a ex dirixente do PSE-PSOE Rosa Díez, o catedrático Mikel Buesa e os filósofos Carlos Martínez Gorriarán e Fernando Savater.

Orixe

O sábado 19 de maio de 2007 45 persoas reuníronse en San Sebastián co obxectivo de debater a creación dun novo partido político que fixese fronte aos dous principais partidos a nivel nacional: o PP e o PSOE. A maioría dos presentes eran vascos, moitos deles políticos, sindicalistas e do movemento asociativo, en moitos casos procedentes do ámbito da esquerda, pero tamén de tradición liberal. Tomaron a decisión de poñer en marcha un proxecto cidadán, social e político a nivel estatal.

Para iso crearon unha asociación, Plataforma Pro, para xuntar xente e definir un programa, que despois expuxeron en xuntanzas de presentación por toda España. Entre os membros ou colaboradores atopábanse o filósofo Fernando Savater, o portavoz de ¡Basta Ya!, Carlos Martínez Gorriarán (que era o coordinador da plataforma), ou a eurodeputada socialista Rosa Díez.[1] Esta última, anunciou o seu abandono das filas do PSOE en agosto de 2007 para involucrarse no proxecto. Outros grupos que manifestaron o seu apoio á Plataforma foron o partido Ciutadans - Partido de la Ciudadanía, en especial os seus membros Arcadi Espada, Albert Boadella e Xavier Pericay, e mais a Asociación ¡Basta Ya!. A mediados de setembro de 2007, o ata entón presidente do Foro Ermua Mikel Buesa anunciou o seu propósito de participar no partido político.[2]

Finalmente, nun acto público de presentación o 29 de setembro de 2007 no Teatro-Auditorio da Casa de Campo de Madrid quedou constituído o novo partido Unión, Progreso y Democracia. No acto interviron o dramaturgo Albert Boadella, o filósofo Fernando Savater, o escritor Mario Vargas Llosa e Rosa Díez, pero tamén contou coa presenza do xornalista Arcadi Espada, a antropóloga Teresa Giménez Barbat e o antropólogo Félix Pérez Romera (os tres membros promotores de Ciutadans), o historiador Antonio Elorza, o pintor Agustín Ibarrola e o ex dirixente do Foro de Ermua Mikel Buesa, o filósofo Carlos Martínez Gorriarán, os deputados de Ciutadans Albert Rivera e Antonio Robles, o catedrático de Filosofía Política e Moral da Universidade do País Vasco Aurelio Arteta, o escritor peruano Fernando Iwasaki, o ex secretario xeral da UGT Nicolás Redondo[3] e o deputado autonómico vasco do Partido Popular Fernando Maura. Este último finalmente incoroporouse á UPyD o día 6 de novembro de 2007[4], pasando a formar parte do seu Consello de Dirección[5]. O escritor Álvaro Pombo [2] [3] [4] e o deportista Álvaro de Marichalar tamén manifestaron o seu apoio a UPyD [5].

Ideoloxía

Ideolóxicamente, UPyD non se define como de esquerda ou dereita. Eles declaran ao comezo do seu Manifesto Fundacional:[6]

Partimos dun suposto revolucionario: que os cidadáns non nacen sendo xa de esquerdas ou de de dereitas nin co carné de ningún partido nos cueiros. Imos aínda máis lonxe, a risco de escandalizar aos timoratos: consideramos aos cidadáns capaces de pensar por si mesmos e de elixir en consecuencia, de acordo coas ofertas dos partidos e a súa experiencia da situación histórica que vivimos. Xa que logo non cremos que ninguén estea obrigado a votar sempre o mesmo ou a resignarse ás opcións políticas vixentes, cando xa lle decepcionaron anteriormente.Ser considerados de esquerdas ou dereitas non nos parece o centro do problema, aínda que apiadamonos cordialmente de quen carece de mellores argumentos para descualificar ao adversario.

Outras dos seus puntos de identidade son a defensa do marco territorial da España monárquica conforme o sinala a Constitución Española de 1978; o laicismo, e o como rexeitamento dos partidos nacionalistas periféricos do sistema político español.

Organización

O partido organízase a través de catro órganos de goberno.

Asemblea Xeral

Formada por todos os membros, estes poderán actuar directamente ou por medido de compromisarios delegados nela.

Será convocada por acordo do Consello de Dirección e constituirase en Congreso, ordinario cada catro anos, e extraordinario se así o decide o Consello de Dirección ou o solicitan o Consello Político ou ben un terzo dos afiliados, os cales en todo caso elixirán aos seus representantes entre o conxunto, ata un máximo de cincocentos delegados con dereito a voto. Durante as súas sesións, a Asemblea é o órgano de dirección máximo do partido.

Para a modificación dos fins e o programa básico do partido recollido nos Estatutos esixirase un texto alternativa, cuxa aprobación requirirá unha maioría cualificada formada polos votos positivos e segredos de, polo menos, o 60% dos delegados.

Consello Político

Entre as súas misións máis importantes están o estudo, debate e redacción do Programa do partido que haberá de propor ao Consello de Dirección, de igual modo que as estratexias, iniciativas e accións políticas do partido en calquera ámbito; acordar a posición do partido en todas aquelas cuestións de relevancia que non contempla o programa básico do partido, e acoller, publicitar e debater, en caso de consideralas procedentes, as propostas e iniciativas relativas ao programa e actividade do partido procedentes de calquera afiliado ou comité do partido.

Conforme os Estatutos de UPyD, o Consello Político estará composto por ata 150 membros e reunirase de forma ordinaria polo menos unha vez cada 60 días.

Consello de Dirección

É o órgano encargado de tomar as decisións ordinarias requiridas pola actividade do partido, aprobar a redacción definitiva do Programa proposto polo Consello Político, supervisar as agrupacións territoriais e as súas coordinadoras respectivas, autorizar a creación de Comités Electorais, crear as comisións asesoras de estudo ou de expertos necesarias para facilitar a consecución dos fins do partido, decidir a política de alianzas e o sentido do voto nas institucións de calquera ámbito, así como a posición política en votacións consideradas estratéxicas con relación ao Programa, organizar e administrar as finanzas do partido, supervisadas pola Comisión de Finanzas, interpretar os estatutos e arbitrar naquelas cuestións que non estean especificamente contempladas nestes.

De acordo aos Estatutos de UPyD, o Consello de Dirección é un órgano colexiado formado por ata un máximo de vinte membros. Os seus membros son: Almudena Semur Correa, Angel Manuel Hernández Guardia, Antonio Salvador, Armando Flores Cordero, Carlos Martínez Gorriarán, Concepción Sacristán Sánchez, Eva Climent Martí, Francisco Igea Arisqueta, Francisco Pimentel Igea, Gerardo Hernández Les, Guzmán Fernández Ortiz, Juan Luis Fabo Ordóñez, Juana María Lasry Hernández, Manuel Hernández Iglesias, Fernando Maura, Mikel Buesa y Rosa Díez González, esta última como portavoz de UPyD.

Agrupacions territoriais

UPyD organízase en agrupacións territoriais acordes co mapa autonómico do Estado. Á fronte destas agrupacións figurará unha coordinadora na que polo menos haberá un membro do Consello Político do partido, que poderá ser coordinador desa agrupación para representala nese órgano, salvo que a coordinadora decida elixir a outro dos seus afiliados para esa función. A agrupación territorial elixirá aos delegados que lle correspondan para a Asemblea Xeral do partido .en función da súa porcentaxe de afiliados no total do partido

A misión das coordinadoras territoriais é organizar a elección de delegados á Asemblea Xeral, ocuparse da vida ordinaria do partido no seu territorio, e coordinar o traballo dos Comités Electorais, autonómico e locais, do seu ámbito territorial.

Financiamento

Despois de que supostamente algúns bancos lles negaran créditos de financiamento, a formación puxo en marcha un sistema de empréstitos persoais, coa venda de bonos.

Situación en Galicia

A finais de novembro de 2007 presentouse o partido en Galicia. Nese primeiro momento estiveron vencellados a el o profesor da Universidade de Santiago Roberto Blanco Valdés, os médicos Luís Pérez Llano e Ildefonso Cejudo ou o ex-concelleiro do PSOE en Ames, Rudy Lamas. O seu coordinador en Galicia é Antonio Cascón.

En Cataluña é unha figura destacada do partido o galego Luís Bouza-Brey, se ben dimitiu do comité electoral provincial de Barcelona[7].

Os cabezas de lista de UPyD ás eleccións xerais de 2008 nas provincias galegas son:

Relacións con outros partidos

Desde o mesmo momento en que se anunciou a súa creación, barallouse a súa posible fusión co partido Ciutadans-Partido da Cidadanía, debido á similitude dos seus fins e obxectivos e do seu discursos. Finalmente o día 25 de outubro de 2007 celebrouse unha reunión entre os dirixentes de ambos os partidos, na cal UPyD comunicoulle a C's a súa intención de ir en solitario ás eleccións xerais de 2008. Esta decisión estivo fundamentada, segundo UPyD, polos feitos de considerar a C's un partido de "ámbito catalán", cunha ideoloxía de "centro-esquerda", e por unhas declaracións do redactor do seu ideario, Francesc de Carreras, nas que manifestaba o seu apoio a un referendo de autodeterminación en Cataluña (que tardaron 10 días en ser desmentidas por C's) [8], cousas que non eran acordes coas bases de UPyD. A pesar diso UPyD deixou a porta aberta a unha futura colaboración entre ambos os partidos, pero non en forma de fusión ou coalición[9].

Eleccións xerais españolas de 2008

O partido presentouse ás eleccions lexislativas de 2008, onde acadou un deputado (Rosa Díez) no Congreso pola circunscripción de Madrid.

Referencias