Reino de Hungría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ar:مملكة المجر
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''reino de Hungría''' fundouse coa coroación de [[Estevo I de Hungría]], no ano [[1000]]. O seu nome orixinario era ''Vajk'' e descendía das tribus [[maxiar]]es. O seu pai ''Géza'' fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de [[Europa occidental]]. O reino estableceuse na rexión de [[Pannonia]], antiga provincia romana invadida polos maxiares.
==Fundación na alta idade media==
O '''reino de Hungría''' fundouso coa coroación de [[Estevo I de Hungría]], no ano [[1000]]. O seu nome orixinario era ''Vajk'' e descendía das tribus [[maxiar]]es. O seu pai ''Géza'' fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de [[Europa occidental]]. O reino estableceuse na rexión de [[Pannonia]], antiga provincia romana invadida polos maxiares.


Estevo rematou en [[1006]] a pacificación do territorio e forzou a [[cristianización]] e feudalización do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como [[Croacia]] e os territorios de [[Eslovaquia]] oriental.
Estevo rematou en [[1006]] a pacificación do territorio e forzou a [[cristianización]] e feudalización do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como [[Croacia]] e os territorios de [[Eslovaquia]] oriental.
Liña 20: Liña 19:
En [[1848]] estala unha revolución de corte [[nacionalista]] contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; polo aquel tempo as cidades de [[Buda]] e [[Pest]] eran de fala alemá). En abril de [[1849]], Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó csar [[Nicolás I de Rusia]] e os exércitos rusos invaden o país. Ata [[1867]] o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para apacigua-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por [[Ferenc Deák]], chegando ó '''Compromiso de 1867''' que é o [[Ausgleich]].
En [[1848]] estala unha revolución de corte [[nacionalista]] contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; polo aquel tempo as cidades de [[Buda]] e [[Pest]] eran de fala alemá). En abril de [[1849]], Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó csar [[Nicolás I de Rusia]] e os exércitos rusos invaden o país. Ata [[1867]] o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para apacigua-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por [[Ferenc Deák]], chegando ó '''Compromiso de 1867''' que é o [[Ausgleich]].


=== Ver ===
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Historia de Hungría]]
* [[Historia de Hungría]]
* [[Imperio otomano]]
* [[Imperio otomano]]

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2010 ás 12:47

O reino de Hungría fundouse coa coroación de Estevo I de Hungría, no ano 1000. O seu nome orixinario era Vajk e descendía das tribus maxiares. O seu pai Géza fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de Europa occidental. O reino estableceuse na rexión de Pannonia, antiga provincia romana invadida polos maxiares.

Estevo rematou en 1006 a pacificación do territorio e forzou a cristianización e feudalización do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como Croacia e os territorios de Eslovaquia oriental.

No 1242 este pequeno pero puxante reino sufriu a invasión dos mongois. Baixo Béla IV de Hungría, a depoboación e pauperización do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiáticos, mandou construir unha liña de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.

Unión co sacro imperio

A partires do século XIV, os reis foron febles para aplacar ós nobres e o reino tivo non poucos problemas para faceres fronte ó Imperio otomano. O segundo rei húngaro da cas anxevina (de Anjou) foi Luis I o Grande de Hungría (1342-1382) cuxo territorio abranguía dende o mar Negro ata o mar Adriático. A filla de Luis casa con Sexismundo, entroncando a casa real húngara coa do Sacro Imperio Romano Xermánico na dinastía luxemburguesa.

O derradeiro gran rei húngaro da Idade media foi Matías Corvinus, quen descendera dunha familia nobre. Extendeu as fronteiras ó sur contra os otomanos e ó noroeste contra o imperio xermánico. Durante o renacmento o reino sofre certas revoltas por parte de nobre decontentos e de campesiños, ata que en 1521 Nándorfehérvár (Belgrado) cae en mans turcas, e o exército húngaro é vencido na batalla de Mohács.

Dominación turca

En 1556 remata a expansión turca en Hungría e o que queda do reino, en mans da dinastía Absburgo divídese. Transilvania pasa a ser un estado vasaio do Imperio otomano. Burgenland, Eslovaquia e Transdanubia pasan a ser posesións dos Absburgo baixo o nome de Hungría Real. O título de rei de Hungría sería un mero formalismo nos emperadores alemáns, xa que a principal parte do reino caera en mans turcas. A poboación buscou a protección do Sultán de Estambul, quen non se meteu nos asuntos internos da poboación que ficou calvinista na maioría dos casos.

Dominacion austríaca

En 1686 os austríacos conquistan Buda e en 1718 o reino de Hungría recupera a súa independencia polo tratado de Karlowitz, a capital en entón é Bratislava (hoxe capital de Eslovaquia). O século XVIII caracterizouse pola repoboación das terras devastadas e a inmigración de serbios, alemáns e austríacos.

Revolución

En 1848 estala unha revolución de corte nacionalista contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; polo aquel tempo as cidades de Buda e Pest eran de fala alemá). En abril de 1849, Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó csar Nicolás I de Rusia e os exércitos rusos invaden o país. Ata 1867 o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para apacigua-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por Ferenc Deák, chegando ó Compromiso de 1867 que é o Ausgleich.

Véxase tamén

Outros artigos