Provincias Unidas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 78: Liña 78:
[[it:Repubblica delle Sette Province Unite]]
[[it:Repubblica delle Sette Province Unite]]
[[ja:ネーデルラント連邦共和国]]
[[ja:ネーデルラント連邦共和国]]
[[ko:네덜란드 공화국]]
[[ko:네덜란드 연방 공화국]]
[[la:Res Publica Coniunctarum Provinciarum]]
[[la:Res Publica Coniunctarum Provinciarum]]
[[ms:Republik Belanda]]
[[ms:Republik Belanda]]

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2010 ás 19:36

Modelo:País desaparecido Provincias Unidas ou República dos Sete Países Baixos Unidos foi un estado que con frecuencia adoita ser chamado erroneamente Holanda, formado polas sete provincias do Norte dos Países Baixos (Frisia, Groninga, Güeldres, Holanda, Overijssel, Utrecht e Celandia), agrupados dende a Unión de Utrecht (1579), ata a ocupación francesa de 1795.

Historia

A orixe das Provincias Unidas radicou nos problemas políticos e relixiosos baixo a dominación dos casa de Habsburgo. O enfrontamento entre católicos e calvinistas produciu o estabelecemento da Unión de Arras e da Unión de Utrecht (1579), que deu orixe ás Provincias Unidas. En 1581, os representantes da Unión depuxeron a Filipe II de España e nomearon a Guillerme de Orange (asasinado en 1584). Johan van Oldenbarnevelt foi unha peza crave na creación da República en 1588.

A cohesión das provincias foi posible grazas á hexemonía da burguesía e o liderado en Holanda. As Provincias Unidas obtiveron axuda militar de Inglaterra, que xunto a Francia recoñecerían á República en 1596. En virtude da [[Tregua dos Doce Anos], entre 1609 e 1621, con Filipe II, a Coroa de España recoñeceu finalmente a existencia das Provincias Unidas.

A Idade de Ouro

A alianza con Francia durante a guerra dos Trinta Anos logrou para as provincias o status de Estado independente no Tratado de Westfalia (1648).

Nesta época o seu poder medrou ata converterse nunha das potencias mariñas e económicas do século XVII, o que foi considerado como a época dourada dos Países Baixos. Foi unha época na que se estableceron colonias e postos mercantís ao redor de todo o mundo. En 1784, Federico II, rei de Prusia, organizou unha Liga de príncipes alemáns para salvagardar o statu quo nas Provincias Unidas fronte ás ambicións de Baviera.

Declive

Emprendeu unha confrontación contra Inglaterra pola supremacía naval e tras a agresión por parte de Luís XIV, consumouse o declive do seu poder e en 1795, logo dunha invasión francesa, as Provincias Unidas foron substituídas pola República Bátava.

Véxase tamén