Liga ACT: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 49: Liña 49:
* 4º [[Orio Arraunketa Elkartea|Grupo Eibar Orio]] (Euskadi)
* 4º [[Orio Arraunketa Elkartea|Grupo Eibar Orio]] (Euskadi)
* 5º [[Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales|Naturhouse Castro]] (Cantabria)
* 5º [[Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales|Naturhouse Castro]] (Cantabria)
* 6º [[Club de Remo Cabo de Cruz|Cabo da Cruz]] (Galiza)
* 6º [[Club de Remo Cabo da Cruz|Cabo da Cruz]] (Galiza)
* 7º [[Hondarribia Arraun Elkartea|Hondarribia]] (Euskadi)
* 7º [[Hondarribia Arraun Elkartea|Hondarribia]] (Euskadi)
* 8º [[Urdaibai Arraun|Urdaibai Umpro Avia]] (Euskadi)
* 8º [[Urdaibai Arraun|Urdaibai Umpro Avia]] (Euskadi)
Liña 80: Liña 80:
||'''Pedreña'''||[[Sociedad Deportiva de Remo Pedreña]]||[[Ficheiro:Solid white.svg|10px]][[Ficheiro:Solid black.svg|10px]] "Marina de Cudeyo" || [[Marina de Cudeyo]] || Cantabria || 7 (2003-09) || 0 || 0 || 0 || 2
||'''Pedreña'''||[[Sociedad Deportiva de Remo Pedreña]]||[[Ficheiro:Solid white.svg|10px]][[Ficheiro:Solid black.svg|10px]] "Marina de Cudeyo" || [[Marina de Cudeyo]] || Cantabria || 7 (2003-09) || 0 || 0 || 0 || 2
|-
|-
||'''Cabo da Cruz'''||[[Club de Remo Cabo de Cruz]]||[[Ficheiro:red.svg|10px]][[Ficheiro:Solid black.svg|10px]] "Cabo da Cruz" || [[Boiro]] || A Coruña || 6 (2003-08)<ref> Renunciou á Liga ACT por problemas económicos para afrontar os desprazamentos.</ref> || 0 || 0 || 0 || 1
||'''Cabo da Cruz'''||[[Club de Remo Cabo da Cruz]]||[[Ficheiro:red.svg|10px]][[Ficheiro:Solid black.svg|10px]] "Cabo da Cruz" || [[Boiro]] || A Coruña || 6 (2003-08)<ref> Renunciou á Liga ACT por problemas económicos para afrontar os desprazamentos.</ref> || 0 || 0 || 0 || 1
|-
|-
||'''Mecos Mondariz'''||[[Club de Remo Mecos]]||[[Ficheiro:Solid blue.svg|10px]][[Ficheiro:Solid white.svg|10px]] "Mequiña" || [[O Grove]] || Pontevedra || 5 (2003-07) || 0 || 1 (2003) || 0 || 2
||'''Mecos Mondariz'''||[[Club de Remo Mecos]]||[[Ficheiro:Solid blue.svg|10px]][[Ficheiro:Solid white.svg|10px]] "Mequiña" || [[O Grove]] || Pontevedra || 5 (2003-07) || 0 || 1 (2003) || 0 || 2

Revisión como estaba o 18 de febreiro de 2010 ás 14:12

A Liga San Miguel ou Liga ACT é a liga de remo creada pola Asociación de Clubes de Traíñas (ACT) como primeira división do remo no Cantábrico. A Liga ACT naceu o 2 de xullo de 2003 tralo acordo acadado polos Gobernos das Comunidades Autónomas de Asturies, Cantabria, Galiza e Euskadi, para apoiar e impulsar a disciplina deportiva que forma parte da tradición dos pobos do norte de España. No 2006, tras un acordo de patrocinio coa empresa Mahou-San Miguel, a Liga ACT trocou o seu nome polo de Liga San Miguel.

É pois a primeira división das traíñas. Baixo ela atópanse a Liga ARC, na que compiten clubs cántabros, vascos e agora tamén asturianos; e a Liga Galega ou Liga Noroeste. Os dous últimos clasificados das 12 que disputan a Liga San Miguel disputan o play-off de ascenso/descenso contra os dous primeiros clasificados dun play-off previo entre os dous mellores da Liga ARC e da Liga Galega. As dúas traiñeiras que mellor queden manterán ou subirán de categoría.

Para evitar a fuga masiva de remeiros a clubes con alto poder económico, e con obxecto de potenciar a canteira, estabelécese un cupo de mínimo sete remeiros propios, entendéndose como propios aqueles que estiveron polo menos tres anos nun mesmo club.


Gañadores

Ano
2003 Astillero Mecos Donibane
2004 Urdaibai Astillero Hondarribia
2005 Astillero Hondarribia Castro
2006 Hondarribia Castro Orio
2007 Urdaibai Orio Hondarribia
2008 Urdaibai Castro Orio
2009 Castro . .

Historia

Iníciase no mes de Santiago de 2003. Nace cos seguintes obxectivos:

  • Facer da Liga unha competición de alto nivel amateur, xestionada profesionalmente, na que participen os doce mellores equipos pertencentes á área xeográfica.
  • Conseguir incrementar notoriamente o número de seguidores, potenciando a atención e cobertura que os medios de comunicación prestaban anteriormente.
  • Deseñar a competición en formato de Liga Regular, para que resultase máis atractiva e comprensible para todos.
  • Garantir a súa estabilidade no tempo, mediante unha fase de ascenso e descenso con clubes provenientes de Ligas Federativas.

O 28 de setembro de 2003 finalizou a primeira Liga ACT. Foi un éxito de competición, avalado polos medios de comunicación e polos aficionados. Nesta temporada , Astillero realizou unha actuación histórica, gañando a I Liga ACT e obtendo un total de 10 bandeiras.

Durante a III edición instaurouse a Coroa ACT como trofeo ao campión. Esta temporada estivo chea de polémica por temas extradeportivos arredor da SDR Astillero, que se saldou coa exclusión do vencedor, O Astillero, para as seguintes edicións.

A partires da IV edición, a competición pasou a denominarse Liga San Miguel. Despois da VI edición a Coroa Act pasa a chamarse Coroa Caja Madrid. Ademais ese mesmo ano instálase o maillot verde para o mellor patrón.

Traiñeiras participantes na primeira edición (2003)

Equipos participantes de momento (2009) na Liga ACT

Equipo Clube Nome de traíña Concello Provincia Temporadas Títulos Subcampionatos 3º postos Bandeiras
Urdaibai Umpro Avia Urdaibai Arraun Elkartea "Bou Bizkaia" Bermeo Biscaia 7 (2003-09) 3 (2004,07,08) 0 0 26
Naturhouse Castro Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales "La Marinera" Castro Urdiales Cantabria 7 (2003-09) 1 (2009) 2 (2006,08) 1 (2005) 30
Hondarribia Hondarribia Arraun Elkartea "Ama Guadalupekoa" Hondarribia Guipúscoa 7 (2003-09) 1 (2006) 1 (2005) 3 (2004,07, 09) 16
Grupo Eibar Orio Club de Remo Olímpico Orio Arraunketa Elkartea "Txiki" (2003-06)/ "San Nikolas" (2007)/ "Mirotza" (2008-09) Orio Guipúscoa 7 (2003-09) 0 1 (2007) 2 (2006,08) 18
Pedreña Sociedad Deportiva de Remo Pedreña "Marina de Cudeyo" Marina de Cudeyo Cantabria 7 (2003-09) 0 0 0 2
Cabo da Cruz Club de Remo Cabo da Cruz "Cabo da Cruz" Boiro A Coruña 6 (2003-08)[1] 0 0 0 1
Mecos Mondariz Club de Remo Mecos "Mequiña" O Grove Pontevedra 5 (2003-07) 0 1 (2003) 0 2
Zarautz Inmobiliaria Orio Zarauzko Arraun Elkartea "Enbata" Zarautz Guipúscoa 5 (2003/06-09) 0 0 0 1
Arkote Arkote Arraun Taldea "Plentzitarra" Plentzia Biscaia 5 (2005-09) 0 0 0 0
Pasai Donibane Iberdrola Pasai Donibane Koxtape Arraun Elkartea "Erreka" Pasaia Guipúscoa 4 (2003-06) 0 0 1 (2003) 1
Zumaia Altuna y Uría Aita Mari Arraun Elkartea "Telmo Deun" Zumaia Guipúscoa 4 (2006-09) 0 0 0 0
Tirán Pereira Sociedad Deportiva Tirán "Pereira" Moaña Pontevedra 4 (2003-04/08-09) 0 0 0 0
Astillero Sociedad Deportiva de Remo Astillero “San José XII" (2003)/
"San José XIII" (2004-05)
El Astillero Cantabria 3 (2003-05)[2] 2 (2003,05) 1 (2004) 0 29
San Pedro Ecolmare Sanpedrotarra Arraun Elkartea "Libia" Pasaia Guipúscoa 3 (2007-09) 0 1 (2009) 0 3
Grafilur Isuntza SuperBM Isuntza Arraun Elkartea "Isuntza" Lequeitio Biscaia 3 (2003-05) 0 0 0 0
Laredo Laredo Remo Club "La Pejinuca" Laredo Cantabria 3 (2006-08) 0 0 0 0
Trintxerpe Carglass Club Atlético Illunbe "Ilunbe" Pasaia Guipúscoa 2 (2004-05) 0 0 0 0
Kaiku Ambilamp Sociedad Deportiva de Remo Kaiku “Bizkaitarra" Sestao Biscaia 1 (2009) 0 0 0 0
Samertolameu Sociedad Deportiva Samertolameu “Meira Mar” Moaña Pontevedra 1 (2009) 0 0 0 0

Referencias

  1. Renunciou á Liga ACT por problemas económicos para afrontar os desprazamentos.
  2. Astillero foi expulsado no 2006 da Liga a causa dun suposto caso de dopaxe acontecido o ano anterior.

Véxase tamén

Ligazóns externas