Diferenzas entre revisións de «Romanización de Galicia»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(arranxiños)
 
==Orixe e evolución==
O comezo de romanización de [[GalizaGalicia]] adóitase datar na expedición de [[Décimo]], o Gallaico, e o seu fito de atravesar o [[río Lethes]] ou do olvido (o [[río Limia|Limia]]). Porén, o noroeste [[Península Ibérica|peninsular]] non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do [[século I]] foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares ([[Craso]], [[Perpenna]], [[Xulio César]]), de maneira que cando [[Octavio Augusto|Augusto]] emprendeu as [[Guerras Cántabras]], o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en ''[[populum|populi]]'' e ''[[castellum|castella]]'', representado nas inscricións por un '''C''' invertido. No ano [[74]] dC, concedeuse o ''[[ius latii]]'' para toda a península.
 
O territorio pertenceu primeiro á provincia de [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], logo á [[Tarraconensis]] e finalmente constituiuse a [[Gallaecia]], xa no [[século III]]. Esta dividiuse en tres [[conventus iuridicus|conventos]] (demarcacións) xurídicos: [[convento bracarense|bracarense]], [[convento lucense|lucense]] e [[convento asturicense|asturicense]]. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no [[século III]] d.C.
15.286

edicións

Menú de navegación