Illa de San Simón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+cat
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 83: Liña 83:


==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==
{{AP|Galería de imaxes da Illa de San Simón}}
<center><gallery>
<center><gallery>
Ficheiro:Capela de San Simón.JPG|Capela de San Pedro na illa de San Simón
Ficheiro:Capela de San Simón.JPG|Capela de San Pedro na illa de San Simón

Revisión como estaba o 12 de febreiro de 2010 ás 22:10

O arquipélago de San Simón está formado polas illas de San Simón e Santo Antón, ámbalas dúas unidas por unha ponte
Mapa do arquipélago de San Simón

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de San Antón por unha ponte. O conxunto de ambas illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

Historia

Idade Media

Estatua adicada a Mendinho, Johan de Cangas e Martín Codax

A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media. Proba disto é o seu escrito, o único, por parte do autor que se coñece, e que se cre que era nativo da zona. Na súa honra realizouse un busto na illa, así como a Johan de Cangas e a Martín Codax.

Sediam'eu na ermida de San Simón
e cercaronm'as ondas, que grandes son,
eu atendend'o meu amigo,
eu atendendo'o meu amigo...

Entre os séculos XII e XIII estivo habitada polos templarios e despois polos franciscanos, a Orde dos Pascualinos de San Simón. Mais en 1370 esta orde relixosa sofre a excomulgación, véndose obrigada a abandonar a illa. Despois de permanecer case un século abandonada, a diocese de Tui, que até o momento posuía o control político da illa, cédella a Isabel a Católica, nun acto de bondade e agradecemento pola súa fidelidade.[1]

Século XVIII ata a Guerra civil española

A batalla da baía de Vigo, 23 de outubro de 1702, de Ludolf Bakhuizen (ao redor de 1702)
Vista frontal da Illa de San Simón dende Cesantes

Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Holanda e de Inglaterra unidos pola Guerra de Sucesión contra a coroa de Castela; trataron, de asaltar a Flota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos[Cómpre referencia]. Os galeóns pertencentes á Coroa de Castela e escoltados por unha escadra francesa que proviñan de América, e que se saldou coa derrota das forzas franco-castelás. Unha gran parte do contido dos galeóns (que se cre que era ouro, prata, diamantes, especias coma o cacao e tamén madeiras nobres e tabaco) foron saqueados polos navíos ingleses da raíña de Inglaterra (Ana I de Estuardo), mais o intento de frustrar as expectativas de roubo, unha gran parte das riquezas dos barcos foron baleiradas ao mar, e unha gran porcentaxe do ouro e prata pertencente á coroa de Castela xa fora descargado en bois ata Madrid semanas antes do combate[Cómpre referencia]. Posteriormente, os integrantes das flotas anglosaxoas asaltaron as aldeas circundantes á Ría de Vigo, con especiais efectos devastadores en aldeas coma, Cangas, Redondela, Vigo, Soutomaior e Arcade; ás que queimaron e asolaron. A illa de San Simón tamén sufriu as consecuencias das tropas inglesas. A ermida de San Pedro quedou case totalmente derruída, ata a súa posterior restauración no século XIX. As elucubracón e testemuños elaborados sobre o paradeiro das riquezas dende o suceso son confusos, e numerosas inmersión realizadas en diferentes anos posteriores ao afundimento dos navíos revelaron a inexistencia de ouro e outros materiais preciosos nos arredores da illa.

En 1719 o Almirante Michells penetra na illa, e posteriormente existe unha nova ameaza por parte das tropas francesas de Napoleón na Guerra da Independencia, e a illa é abandonada e rehabitada en numerosas ocasións.

Francis Drake ou Francisco Dráguez, como era chamado polos veciños do lugar, esnaquizou e destruiu a igrexa e as imaxes de San Simón antes de queimar a illa

En 1859 volve a ser saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre Francis Drake. A continua ocupación por ordes monásticas debíase á súa boa situación xeográfica, xa que estaba illada, nun lugar tranquilo, e preto do monasterio de Poio, un dos máis importantes da época[2].

Todo este contexto de invasións e saqueos por parte de piratas e almirantes extranxeiros provoca un estado de inestabilidade na illa e na comarca en xeral. Ademais, simultaneamente sucedía un conflito a nivel galego, as Guerras Irmandiñas. O arquipélago de San Simón foi tamén testemuña destes conflitos, e o representante de Soutomaior Fernando Andrade resulta ferido de gravidade.

Dende mediados do século XVII a illa permaneceu abandonada. Posteriormente, por Real Ordenanza de 6 de xuño de 1830, e da man do comerciante roixano Velázquez Moreno, procedeuse ao habilitamento e acondicionamento da illa para convertela nunha leprosería ou lazareto. Na illa de San Antón estaban os enfermos sen cura, mentres que na de San Simón albergábase ó resto. Dadas as frecuentes corentenas ás que estaban sometidos os navíos da ruta americana, viña ser un elemento indispensable para todo porto que quixese entrar nas vías marítimas de percorrido longo, o cal foi un feito diferencial e vital para a expansión do porto de Vigo e o establecenmento das conserveiras catalás que trouxeron consigo novas técnicas de organización empresarial e de manufacturas. Así, as numerosas epidemias de cólera e lepra prodecentes do exterior eran fradas. A leprosería clausurouse en 1927, e construíuse tamén a ponte que a une á illa de San Antón, xa que ata entón a único medio de comunicación entre as dúas illas era o marítimo.

Guerra Civil

Antigo cárcere da illa visto dende o peirao

A partires de 1936, coa chegada da Guerra Civil Española os edificios da illa foron empregados como campo de concentración e de exterminio para os presos políticos contrarios ao réxime ditatorial e autoritario, na súa maioría provintes da zonas próximas coma Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa[3], aínda que tamén eran frecuentes os presos de Asturias, León ou do País Vasco. Foi calificada polos franquistas como colonia penitenciaria, aínda que a realidade era a dun campo de exterminio onde os presos políticos comunistas, republicanos ou socialistas eran asasinados. Mantívose en funcionamento ata o ano 1943.

Ficheiro:Antigo lazareto.JPG
Antigo lazareto e posterior residencia dos militares

A antiga leprosería quedou relegada a albergar aos militares que vixiaban a illa, así coma o persoal complementario (administrativos, intendencia ou enfermería). Construíronse ademais torres de vixiancia, melloráronse os muros e os accesos. As condicións ás que estaban sometidos os presos eran inhumanas e crueis, as condicións sanitarias eran deficientes e o amoreamento de presos era considerable. Estaban distribuídos en diferentes pabillóns ao longo da illa, e a miúdo producíanse fusilamentos masivos. Crese que centos de persoas morreron a causa dos seus ideais, a mans dos falanxistas. A illa era considerada un dos centros penitenciarios franquistas máis temibles.

A illa de San Simón foi escenario do final do filme O lapis do carpinteiro, onde trasladaban a Da Barca, un preso político, á Illa, un dos cárceres dos que se dicía que era case imposible saír vivo.

Posguerra

Foi en 1943 cando o arquipélago deixou de funcionar coma cárcere, sufrindo un paulatino abandono, só interrompido nas épocas estivais polos membros da Garda de Franco, co nome de Colonia de Educación e Descanso, que pasaban alí as súas vacacións. O 22 de agosto de 1950 sucedeu un tráxico incidente. Uns cincuenta pasaxeiros da Guardia de Franco voltaban da illa cara terra nunha embarcación, "A Monchiña", cando debido ás malas condicións do tempo e as correntes habituais da zona, a embarcación afundiu. Case ningún dos pasaxeiros sabía nadar, e corenta e tres tripulantes perderon a vida no accidente. Na illa de San Norberto, na cara sur do arquipélago, construíuse un pequeno cruceiro na honra dos falecidos no accidente d'A Monchiña.

A illa foi clausurada debido á traxedia mais reabriuse para ser empregada como Fogar Méndez Núñez para a Formación de Orfos de Mariñeiros, que funcionou entre 1955 e 1963.

Actualidade

Ponte que une a illa de San Simón coa de Santo Antón
Peirao e catamarán que realiza diariamente as visitas guiadas á illa

No ano 1999 as illas de San Simón e San Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural e comezou a reconstruírse procurando alcanzar unha harmonía entre a natureza (rescatando os xardíns ou o centenario Paseo dos buxos) e a remodelación dos edificios xa existentes sen deteriorar a contorna.

Na actualidade, a Illa de San Simón foi remodelada e convertida pola man de César Portela[4] consonte a súa declaración como centro de recuperación da memoria histórica, rehabilitada coma un espazo protexido, cunha completa rexeneración dos xardíns e das especies arbóreas. Ademais foi tamén redirixida cara unha función cultural, xa que conta con auditorio, biblioteca, escola do mar, hotel, e restaurante. Entre as diferentes actividades culturais realizadas no lugar destaca a celebración de entrega dos Premios Xerais da lingua galega e do Premio Merlín.

No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.

Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.

Acceso

Edificios e instalacións

Instalacións

  • Residencia Stella Maris.
  • Casa dos Oficios do Mar e Escola de Vela.
  • Acuario.
  • Museo e Biblioteca.
  • Edificio Multiusos.

Monumentos

  • Ponte entre a illa de San Simón e a illa de San Antón: en 1991 foi incluída no catálogo de monumentos da provincia de Pontevedra.
  • Miradoiro da boca da ría.
  • Miradoiro do fondo da ría.
  • Capela de San Pedro.
  • Cemiterio.
  • Paseo dos buxos: Paseo de árbores milenarias formando arcos para dar un paseo.
  • Monumento na honra de Jules Verne.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA, tomo 27. Editor: Silverio Cañado; Santiago. ISBN 84-7286-215-1
  • Amoedo López, Gonzalo e Gil Moure, Roberto (2007). Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-604-4. 
  • Caeiro, Antonio, González, Juan A. e de Saá, Clara Mª (1995). A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-178-5. 
  • Fernández de la Cigoña, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada. Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-582-7. 
  • Varios (1997). Estudio da Ensenada de San Simón. Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-22-7. 
  • Varios (2002). Redondela. Enseada de San Simón / Val do Verdugo / Val do Oitavén. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3191-4. 

Outros artigos

Ligazóns externas

Lugares da parroquia de Cesantes no concello de Redondela (Pontevedra)
O Carballiño | O Coto | Outeiro das Penas | San Pedro | San Simón