Goto Muñiz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Nota final
Liña 9: Liña 9:


Seguiu sendo considerada como raíña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei [[Ramiro II]] lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: ''Domine Gotho Regina''.
Seguiu sendo considerada como raíña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei [[Ramiro II]] lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: ''Domine Gotho Regina''.

Nota: Non debe confundirse Goto Muñiz (século X) con Goto Núñez González Salvadores (s. XI).


[[Categoría:Reis de Galicia]]
[[Categoría:Reis de Galicia]]

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2010 ás 12:00

Goto Muñiz ou Gotona Muñoz, nada contra o ano 900, foi unha raíña consorte de Galicia, filla de Munio Guterrez, señor de Amaía e o monte Ilicino (actual Pico Sacro) e de Elvira Arias, filla de Arias Pérez, conde de Coimbra.

Traxectoria

Naceu arredor do ano 900 e antes do ano 927 xa casara con Sancho Ordóñez, rei de toda Galicia. Este matrimonio propiciou a Sancho o apoio de grandes magnates galegos para facerse co reino de Galicia trala morte de Froila II. Estes apoios foron fundamentais para derrotar os fillos de Froila e poder reinar en Galicia e ser coroado en Santiago de Compostela polo bispo Hermenexildo no ano 927. O irmán de Sancho Ordóñez, Afonso IV, sería coroado en León.

Goto asinou varios documentos co seu home sobre doazóns e privilexios a prol da Igrexa de Iria Flavia-Santiago de Compostela e en beneficio da nobreza galega.

Trala morte de Sancho Ordóñez, Goto retirouse á vida monacal. Hai testemuños de que residiu no mosteiro de Castrelo de Miño e no de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Seguiu sendo considerada como raíña ata a súa morte en 964. Consérvase un documento do ano 947 no que o seu cuñado e novo rei Ramiro II lle fai diversas doazóns e recibe tal consideración: Domine Gotho Regina.

Nota: Non debe confundirse Goto Muñiz (século X) con Goto Núñez González Salvadores (s. XI).