Calcáneo: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
|||
Liña 8: | Liña 8: | ||
== Cara posterior == |
== Cara posterior == |
||
Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet. |
Presenta unha rugosidade para o [[tendón de Aquiles]] na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet. |
||
== Cara anterior == |
== Cara anterior == |
Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2010 ás 08:23
O calcáneo é o óso inferior da fila proximal do tarso. Ten unha forma cuboidea, con seis caras.
Cara superior
Delimita inferiormente o seo do tarso. Artéllase coa superficie inferior do astrágalo. Esta articulación presenta dúas zonas articulares: postero-externa e antero-interna. É unha dobre artrodia morfoloxicamente pero unha trocoide funcionalmente, con movementos de rotación. Presenta as insercións do ligamento calcáneo-cuboideo superior, o ligamento chave e o músculo plantar.
Cara inferior
Presenta unha serie de rugosidades para a inserción de elementos dos pé. Insértase o ligamento calcáneo-cuboideo inferior.
Cara posterior
Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet.
Cara anterior
Artéllase co óso cuboide nun encaixe recíproco perfecto.
Cara interna
Aparece unha tuberosidade para o ligamento tibio-calcáneo, que forma parte do plano superficial do ligamento lateral interno do nocello. Permite o paso dun paquete vasculo nervioso composto por: arteria tibial posterior, nervio tibial posterior e dúas veas satélite.
Cara externa
É unha zona de paso para os músculos peroneos laterais longo e curto.
-
Calcáneo esquerdo, superficie superior
-
Calcáneo esquerdo, superficie inferior
-
Calcáneo esquerdo, superficie interna