Connoisseur: Diferenzas entre revisións
m engadida imaxe |
m bot Engadido: nl:Connaisseur |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
[[de:Connaisseur]] |
[[de:Connaisseur]] |
||
[[en:Connoisseur]] |
[[en:Connoisseur]] |
||
[[nl:Connaisseur]] |
Revisión como estaba o 9 de febreiro de 2010 ás 15:05
- Para o xornal, visita The Connoisseur.
Un connoisseur (do Fr. connaisseur, de conoistre, connaître que significa "saber de algo") é unha persoa que ten gran coñecemento de belas artes ou un experto en xulgar en temas de gusto.
O connoisseurismo moderno vai unido ós museos, galerías de arte e "o culto á orixinalidade". Os connoisseurs avalían traballos de arte en termos de estética. O xuízo baseado na intuición é esencial, pero ten que ter alicerces nunha profunda comprensión do traballo en si mesmo. Baseándose nas evidencias empíricas, nunha percepción refinada da técnica e da forma e un disciplinado método de análise a responsabilidade do connoisseur é a de atribuír autoría, comprobar autenticidade e aprecia-la calidade. Estes datos pódense xuntar e organizar nun catalogue raisonne do traballo dun só artista o dunha escola.
Durante o século XVII, porén, o termo usouse a miúdo como sinónimo dunha persoa de vago gusto ou dun pretendido crítico.
En 1760, Oliver Goldsmith dixo: "A pintura converteuse nun obxecto único de coidado elegante. O título de connoisseur neste arte é agora mesmo o pasaporte máis seguro en toda Sociedade elegante, unha programada dúbida, unha actitude admirábel e un ou dous toques exóticos de exclamación son suficiente para que homes de baixa circunstancia lamban cus."
En 1890, Giovanni Morelli escribiu: "Os connoisseurs de arte din dos historiadores de arte que eles escriben do que non entenden. Pola súa parte, os historiadores de arte menosprezan ós connoisseurs e miran para eles como escravos que recollen material para eles, pero que persoalmente non teñen nin o menor coñecemento da fisioloxía da arte."
No seu Meaning in the Visual Arts (1955), Erwin Panofsky explica a diferencia entre un connoisseur e un historiador de arte: "O connoisseur pode ser definido como un lacónico historiador de arte e o historiador como un locuaz connoisseur."