Sancho Ramírez de Aragón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Liña 40: Liña 40:


[[an:Sancho Remíriz]]
[[an:Sancho Remíriz]]
[[ca:Sanç Ramires, rei d'Aragó i Pamplona]]
[[ca:Sanç I d'Aragó i Pamplona]]
[[de:Sancho I. (Aragón)]]
[[de:Sancho I. (Aragón)]]
[[en:Sancho Ramírez]]
[[en:Sancho Ramírez]]

Revisión como estaba o 9 de febreiro de 2010 ás 08:48

Sancho I de Aragón

Sancho Ramírez rei de Aragón entre 1063-1094 e de Pamplona entre 1076-1094. Coñecido como Sancho I de Aragón e como V de Pamplona.

Fillo de Ramiro I e Ermesinda de Foix. casou en primeiras nupcias, posíbelmente en 1065, con Isabel de Urgel da que nacería o futuro rei Pedro I.

Sucedeu ao seu pai á idade de 18 anos. Tomou Barbastro aos musulmáns, en 1064, en unión con Armengol III, conde de Urgel, que morreu na liorta, aínda que ao ano seguinte, Al-Muqtadir, rei da taifa de Zaragoza, reaccionou solicitando a axuda de todo Al-Andalus, chamando á súa vez á xihad e volvendo recuperar Barbastro en 1065. Hai que recordar que Barbastro era capital do distrito nordés do reino de Zaragoza, e chave da rica veiga do Cinca, ademais de sede dun importante mercado.

En 1068 Sancho Ramírez viaxa a Roma para consolidar o novo Reino de Aragón ofrecéndose en vasaiaxe ao Papa. Este vínculo está documentado ata na contía do tributo de 600 marcos de ouro ao ano que debía pagar ao Estado Pontificio o Reino de Aragón. Aduciuse unha posible relación desta relación feudo-vasaiática coas armas de liñaxe e a cor dos fíos das cintas de lemnisco das que pendían os selos papais co emblema de paus ouro e goles que constituirá, a partir de Afonso II, o sinal real do rei de Aragón.

O rei de Navarra, Sancho Garcés, primo de Sancho Ramírez, foi asasinado polo seu propio irmán Ramón, que nunha partida de caza precipitouno dunha elevada roca. Os navarros, non querendo ser gobernados polo fratricida, elixiron polo seu rei a Sancho Ramírez, o cal incorporou a coroa de Pamplona á de Aragón.

En 1078 tallou os campos de Zaragoza, construíu a fortaleza de Castellar, máis tarde fixo tributario ao rei musulmán daquela cidade. En 1083 apoderouse do castelo de Graus, de Piedratallada e de Ayerbe que mandou repoboar. A conquista do chairo íase asegurando coa construción de castelos que servían de lanzadeira e logo como protección da terra conquistada. Construíu Sancho Ramírez os castelos de Loarre, Obanos, Montearagón, Artasona, Castiliscar...etc.

No ano 1086, tido gañado Monzón, deu esta praza con título de rei ao seu fillo Don Pedro, que xa o era de Sobrarbe e Ribagorza.

Para establecer relacións cordiais con Castela, axudou a Afonso VI na batalla de Sagrajas (1086) e na defensa de Toledo (1090) e, finalmente, concertou un tratado de axuda mutua co O Cid Campeador (1092).

Completou o cerco de Huesca fortificando Abiego, Labata e Santa Eulalia la Mayor (1092).

Morreu o 4 de xuño do ano 1094 dun flechazo que recibiu cercando Huesca. O seu corpo foi levado ao mosteiro de Monte-Aragón, e trasladado despois ao de San Juan de La Peña.

Durante o seu reinado introduciuse o rito romano en diversos mosteiros baixo a súa xurisdición (1071).

A súa segunda muller foi Felicia de Roucy, da que tivo ao infante D. Fernando de Navarra, Afonso I e a Ramiro II.


Fillos

Casou en primeiras nupcias, posiblemente en 1065, con Isabel de Urgel, filla do conde Armengol III de Urgell. Divorciouse dela en 1071. Desta unión naceu:

  • Pedro I Sánchez "o Católico" (n.1070–†1104), rei de Pamplona e Aragón en 1094-1104.

Casou en segundas nupcias en 1076 con Felicia de Roucy, filla do conde Hilduin III de Roucy. Desta unión naceron:

  • Fernando Sánchez de Aragón (n.1078)
  • Afonso I Sánchez "o Batallador" (n.1073–†1034), rei de Pamplona e Aragón en 1104-1134.
  • Ramiro II Sánchez "o Monxe" (n.1075-?1157), rei de Aragón en 1134-1137.

Da súa mocidade na corte catalá, cara a 1060, tivo un fillo ilexítimo chamado máis tarde

  • Don Vela de Aragón e fundador da Casa de Ayala, emparentado coa Casa de Biscaia,

a cal estaba aliada con Castela.