Eugene O'Neill: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pnb:یوجین او نیل; cambios estética
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Liña 72: Liña 72:
[[ku:Eugene O'Neill]]
[[ku:Eugene O'Neill]]
[[la:Eugenius O'Neill]]
[[la:Eugenius O'Neill]]
[[ml:യൂജീന്‍നീല്‍]]
[[ml:യൂജീൻനീൽ]]
[[nl:Eugene O'Neill]]
[[nl:Eugene O'Neill]]
[[no:Eugene O'Neill]]
[[no:Eugene O'Neill]]

Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2010 ás 09:59

Eugene O'Neill

Eugene O'Neill, nado o 16 de outubro de 1888 e finado o 27 de novembro de 1953, é un dramaturgo norteamericano que gañou o Premio Nobel de Literatura en 1936 e catro veces o Premio Pulitzer (1920, 1922, 1928, 1956).

Biografía

Eugene O'Neill naceu en Broadway nunha familia orixinaria de Irlanda, con seu pai que era actor de teatro percorreu América, con sete anos comezou o internado onde se afixo a ler. No curso 1906-1907 estudou na Universidade de Princenton, pero acabou deixándoo, realizando despois nunha gran variedade de traballos, mariñeiro, actor, xornalista. En 1911 volveu a Nova York , en 1912 pasou seis meses nunha clínica recuperándose da tuberculose e comezou a escribir teatro, para o ano seguinte comezou a dar cursos de artes escénicas na Universidade Harvard. En 1914 publicou o seu primeiro libro, Thirst and other one-act plays. En 1916 publicou Bound East of Cardiff e, posteriormente The Emperor Jones, The Hairy Ape e Beyond the Horizon. A década de 1930 é o período cumio da súa creatividade, considerado o mellor autor teatral norteamericano, foi o primeiro dramaturgo americano en recibir o Premio Nobel, por estar enfermo non o recolleu, senón que enviou unha carta á Academia Sueca, onde salientou a influecia que representou para el o dramaturgo sueco August Strindberg. Nos anos seguintes escribiu moitas obras mestras como para el. O'Neill escribiu nos anos seguintes moitas máis obras mestras, The Iceman Cometh (1939), Long Day's Journey Into Night (1941) ou A Moon for the Misbegotten (1943).

A partir de 1943 deixou de escribir por padecer graves tremores nas mans por mor do Párkinson.

Obras