Entropía: Diferenzas entre revisións
formato; retiro cat redundante |
m bot Modificado: ml:എൻട്രോപ്പി |
||
Liña 53: | Liña 53: | ||
[[lt:Entropija]] |
[[lt:Entropija]] |
||
[[lv:Entropija]] |
[[lv:Entropija]] |
||
[[ml:എൻട്രോപ്പി]] |
|||
[[ml:എന്ട്രോപ്പി]] |
|||
[[nl:Entropie]] |
[[nl:Entropie]] |
||
[[nn:Entropi]] |
[[nn:Entropi]] |
Revisión como estaba o 6 de febreiro de 2010 ás 00:02
A entropía (do grego en [en] + trope [transformación]), é a magnitude física que dá conta do estado de desorde dun sistema. Espontaneamente, a entropía final é maior que a inicial, tendo unha variación sempre positiva. A variación positiva da entropía indica o sentido natural en que calquera evento ocorre.
A entropía é definible como a enerxia incapaz de realizar traballo, e está presente en todos os procesos, no sentido do aumento global da entropía. A perda de enerxía en cada proceso, na transformación, está relacionada co aumento da entropía. A enerxía perdese, disipase, e non temos como reaproveitala.
De modo xeral a entropía aumenta coa elevación da temperatura, pois de acordo coa Enerxía Libre de Gibbs, a enerxía libre é dada pola diferenza da enerxía total e os factores entropicos:
G=H-TS
Onde, G=Enerxía Libre, H=Entalpía, T=Temperatura, S=Entropía
Segundo Erwin Schrödinger, a enerxía é necesaria para repor non só a enerxía mecánica dos nosos esforzos corporais, mais tamén o calor que liberamos continuamente no ambiente. E que liberamos calor non é accidental, senon esencial, pois é precisamente esta a maneira a través da cal nos libramos do excedente de Entropía que producimos continuamente no noso proceso de vida física.
A termodinámica cuántica utiliza os métodos da mecánica estatística para calcular os parámetros termodinámicos dos componentes dun sistema. De entre eses parámetros, están aqueles que nos permiten relacionar a entropía dun sistema coa súa Organización e contido da Información.
Unha variación negativa, da entropía, espontánea, implicaría no retroceso dun evento, o evento estaría voltando no tempo, o que é improbable.