Emiliano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ml:അമീലിയൻ
Liña 46: Liña 46:
[[la:Aemilianus]]
[[la:Aemilianus]]
[[mk:Емилијан]]
[[mk:Емилијан]]
[[ml:അമീലിയന്‍]]
[[ml:അമീലിയൻ]]
[[nl:Aemilianus]]
[[nl:Aemilianus]]
[[no:Aemilian]]
[[no:Aemilian]]

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2010 ás 19:25

Emiliano

Emiliano foi emperador só tres meses durante o ano 253. Naceu en Djerba, na Mauritania. Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de Panonia e Moesia. Estivo casado con Gaia Cornelia Supera e non se sabe moito máis da súa vida persoal.

A súa suba ao trono

A paz vergoñenta que acordara cos godos o emperador Treboniano Galo non sentou nada ben no seo do exército. O rei Gniva, quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, ostrogodos e visigodos, tentou de que lle subisen a súa contribución en ouro, esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exercito a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e dáo vencido, volvendo os godos mais aló do Danubio. Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.

O Emperador, quen se atopaba en Roma, ao saber deste nomeamento, e, a pesares de que o exército de Emiliano era moi superior, sae para combatelo, enviando unha mensaxe ao comandante das tropas do Rhin, Valeriano, para que acudise a se xuntar con el para combater esta sublevación. Pero as tropas de Treboniano Galo e Emiliano se atoparon antes, e os lexionarios, ante a superioridade das de Emiliano, mataron ao emperador Treboniano Galo e ao seu fillo Hostiliano, para se xuntar coas novas tropas e volver a Roma.

Chega a Roma, e o Senado recoñece ao novo Emperador. Pero Valeriano, que se puxera en marcha cara a Italia, non recoñece este nomeamento, e continúa o seu avance. De novo repítese a historia, xa que as tropas de Emiliano, ao ver a superioridade das de Valeriano, matan a Emiliano, rematando o seu reinado en pouco mais de 80 días, polo que poucas cousas se saben do seu goberno.

Valeriano entra en Roma a finais do 253, sendo recoñecido inmediatamente como novo emperador, xa que ademais era de familia senatorial.

Imperio Romano

Segue a:
Treboniano Galo
Emiliano
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Crise do século III