Diferenzas entre revisións de «Afección (hobby)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Robot: Reemplazo automático de texto (-, etc + etc)
Sem resumo de edição
m (Robot: Reemplazo automático de texto (-, etc + etc))
==Tipos de afección==
===Coleccionismo===
Consiste na actividade centrada na adquisición dunha serie de artigos que gozan dalgún valor especial para a persoa que colecciona. Habitualmente o coleccionista soe comprar e intercambiar obxectos con outras persoas que comparten esta afección e a miúdo teñen as súas coleccións perfectamente organizadas e coidadas. Dado o carácter estritamente persoal que se lle dá ao valor das coleccións estas poden ser moi variadas e ir desde aspectos moi concretos como [[botella]]s de [[cervexa]] até aspectos máis xerais como selos do mundo. Entre os diferentes tipos de [[coleccionismo]] poderíamos citar: obxectos artísticos, antigüidades, postais, chaveiros, almanaques, autógrafos, etc. Porén os coleccionismos máis estendidos son a [[filatelia]] e a [[numismática]].
 
===Xogos===
Son actividades recreativas estruturadas (ou semiestruturadas) cun fin lúdico (aínda que as veces poidan ter tamén unha finalidade de adestramento mental ou físico). O que identifica e define a cada [[xogo]] son os obxectivos que os xogadores deben atinxir respectando unha serie de regras dadas. Deste xeito pódense distinguir unha enorme variedade de xogos: [[videoxogo]]s, xogos de mesa, de rol, de simulación, de estratexia, etc. Algúns xogos destacados son: o [[xadrez]], o [[tetris]], as [[damas]], [[parchís]], [[tute]], [[sete e medio]], [[póker]], o [[backgammon]], [[dominó]], [[Dragóns e alxubes]], etc.
 
Algúns xogos supoñen a realización de actividades físicas o que fai que a fronteira entre xogo e deporte sexa ás veces moi difícil de establecer ou que se inclúan todos os deportes como xogos. De feito moitos deportes comezaron como xogos. Así na fronteira entre o xogo popular e o deporte: a [[chave]], a [[billarda]], a [[petanca]], o [[brilé]], etc. E xa como deportes que son practicados coma unha afección: [[fútbol]], [[balonmán]], [[baloncesto]], [[atletismo]], etc.
 
Resulta tamén complicado establecer unha diferenciación entre xogo, deporte e toda unha serie de actividades recreativas que se realizan ao ar libre. Deste xeito o [[sendeirismo]], o [[montañismo]], o [[skate]], montar en [[bici]], montar a [[cabalo]], o [[surf]], etc. encóntranse a medio camiño entre as diferentes definicións, sendo moitas veces a propia actitude do practicante a que establece se estamos a falar dunha afección deportiva ou lúdica (ou de ambas).
 
===Actividades artísticas e creativas===
Moitas persoas son afeccionadas a realizaren as máis diversas actividades de carácter artístico, tales como o [[canto]], tocar algún [[instrumento musical]], a [[escritura]], a [[danza]], a [[pintura]], a [[fotografía]], etc.
 
Existen outras moitas prácticas realizadas como afección que aínda sendo creativas non adoitan ser consideradas como unha ''[[arte]]''. Entre estas podemos citar unha extensa lista: [[ebanistería]], [[papiroflexia]], a [[maxia]], etc.
 
Dentro deste tipo de afeccións creativas hai un pequeno grupo delas que atinxiron unha grande importancia como ''hobbies''. Son o modelismo, a cociña e a xardinería.
 
====O modelismo====
Consiste na realización de réplicas de obxectos da vida real a un tamaño reducido e a escala. esta práctica está documentada xa desde moi antigo mais só en datas máis recentes coa extensión de materiais facilmente manipulábeis se estendeu esta práctica como afección. Entre os diferentes tipos de modelismo destaca o [[aeromodelismo]] (reprodución de avións a pequena escala capaces de voar), o [[tren eléctrico]], [[pintado de miniaturas]], recreación de casas e mobiliario, maquetas de cidades, etc.
 
Existe unha variedade de xogos que inclúen elementos do modelismo ao procurar recrear a realidade e que está presente tanto en videoxogos, como en xogos de rol ou mesmo en xogos máis convencionais.
 
====A xardinería====
Esta afección procura o coidado de [[planta]]s e [[xardín]]s con fins principalmente estéticos (aínda que se poden procurar atinxir outros aspectos coma o aproveitamento da enerxía, a alimentación, buscar áreas de lecer, etc.). Cómpre seleccionar ben as especies que se queren sementar, o lugar onde facelo, os [[fertilizante]]s, as [[poda]]s, etc.
 
Unha variante da xardinería é o coidado de [[bonsai]]s, unha práctica importada do [[Xapón]] consistente en cultivar [[árbore]]s e prantas, reducindo o seu tamaño mediante diversas técnicas e modelando a súa forma para crear un estilo que recorde unha escena da natureza.
 
===Actividades contemplativas===
Neste apartado incluiríanse actividades consistentes na contemplación de actividades realizadas por outros, sexan estas artísticas ou doutro tipo. Dentro desta categoría estarían importantes actividades coma a lectura (de [[libro]]s, [[revista]]s, [[fanzine]]s, [[xornal|xornais]], etc.), ir ao [[cinema]], ver a [[televisión]], ir ao [[teatro]], ir a [[exposición]]s, escoitar [[música]], asistir a partidos de fútbol, etc.
 
==Véxase tamén==
2.237

edicións

Menú de navegación