Dureza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 57: Liña 57:
[[yi:הארטקייט]]
[[yi:הארטקייט]]
[[zh:硬度]]
[[zh:硬度]]

CARLA MOLA!!!!!!

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2010 ás 10:58

A dureza é a capacidade que ten un material de soportar esforzos sen se deformar permanentemente. Non debe confundirse coa tenacidade. Hai diversas formas de medir a dureza, se ben a maioría consiste en utilizar un pequeno indentador, dispositivo que trata de penetrar no material e que pode ser un pequeno balote ou unha agulla.

Escalas de uso industrial

En metalurxia a dureza mídese utilizando un durómetro para o ensaio de penetración. Dependendo do tipo de punta empregada e do rango de cargas aplicadas, existen diferentes escalas, axeitadas para distintos rangos de dureza.

O interese da determinación da dureza nos aceiros estriba na correlación existente entre a dureza e a resistencia mecánica, sendo un método de ensaio máis económico e rápido que o ensaio de tracción, polo que o seu uso está moi extendido.

Ata a aparición da primeira máquina Brinell para a determinación da dureza, esta medíase de forma cualitativa empregando unha lima de aceiro temperado que era o material máis duro que se empregaba nos talleres.

As escalas de uso industrial actuais son as seguintes:

  • Dureza Brinell: Emprega como punta unha bóla de aceiro. Para materiais duros, é pouco exacta.
  • Dureza Rockwell: Utilízase como punta un cono de diamante (nalgúns casos unha bóla de aceiro). É a máis extendida, xa que a dureza se obtén por medición directa e é apta para todo tipo de materiais. Adóitase considerar un ensaio non destructivo polo pequeno tamaño da pisada.
  • Rockwell superficial: Existe unha variante do ensaio, chamada Rockwell superficial, para a caracterización de pezas moi delgadas, coma coitelas de afeitar ou capas de materiais que recibiron algún tratamento de endurecemento superficial.
  • Dureza Webster: Emprega máquinas manuais na medición, sendo apto para pezas de difícil manexo coma perfiles longos extruídos. O valor obtido adoita converterse a valores Rockwell.
  • Dureza Vickers: Emprega coma penetrador un diamante con forma de pirámide cuadrangular. Para materiais brandos, os valores Vickers coinciden cos da escala Brinell.

Escala de Mohs

En mineraloxía utilízase a escala de Mohs, creada polo austríaco Friedrich Mohs, que mide a resistencia ó raiado dos materiais.

CARLA MOLA!!!!!!