Padal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Paladar
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 20: Liña 20:
[[ar:حنك]]
[[ar:حنك]]
[[arc:ܚܟܐ]]
[[arc:ܚܟܐ]]
[[bn:তালু (মুখগহ্বর)]]
[[br:Staon]]
[[br:Staon]]
[[ca:Paladar]]
[[ca:Paladar]]

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2010 ás 04:02

Localización do padal

O padal é unha estrutura da glote que a separa das foxas nasais: é unha zona de rozamento cuxa interacción lingua-padal permite articular sons.

O padal presenta unha porción xinxival ou encía, unha zona graxa e unha zona glandular no padal duro e o padal brando. Ambas as dúas metades do padal únense no rafe medio.

O padal, na zona da encía e no rafe medio do padal duro presenta unha mucosa sésil, é dicir, sen submucosa, cunha lámina propia directamente unida ao periostio. O epitelio da mucosa sésil é plano pluriestratificado. Se aparece cornificación no padal brando hai patoloxía.

A zona graxa do padal duro presenta unha submucosa con graxa, en tanto que a zona glandular presenta pequenas glándulas salivares menores. O padal duro atópase ricamente innervado.

O padal brando presenta músculo esquelético. O padal brando está interposto entre boca e as foxas nasais. Así, o epitelio que reviste a porción do padal brando que dá cara ás foxas nasais é igual ao que as reviste a elas mesmas, de tipo prismático pseudoestratificado, en tanto que o epitelio que dá cara á boca é plano pluriestratificado con probable paraqueratose. O padal brando presenta submucosa. No padal brando todas as glándulas son de tipo mucoso.

O padal constitúe a parede superior ou teito da cavidade oral. Está dividido en dúas partes, a bóveda palatina ou padal óseo nos seus dous terzos anteriores, e o padal brando ou veo do padal no seu terzo posterior. No centro e na parte máis posteroinferior do veo do padal atópase pendurada a úvula ou pinguel.

Patoloxía