Lingua normanda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:诺曼语
Liña 90: Liña 90:
[[ug:نورمان تىلى]]
[[ug:نورمان تىلى]]
[[wa:Normand]]
[[wa:Normand]]
[[zh:诺曼语]]
[[zh-min-nan:Norman-gí]]
[[zh-min-nan:Norman-gí]]

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2010 ás 17:45

Normando
Normand
Falado en: Francia e Reino Unido
Rexións: Normandía e as Illas do Canal
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-Occidental
    Galo-ibérica
     Galo-Romance
      Normando
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
Mapa
Status

O normando é unha lingua romance, unha das linguas d'Oïl, considerada tradicionalmente un dialecto do francés - pexorativamente denominado patois-, que por iso recibe tamén o nome de francés normando. Fálase na rexión de Normandía, onde carece de status de oficialidade e tan só está recoñecida como lingua rexional, e nas Illas Anglonormandas, os dialectos destas illas desenvolvéronse separadas do normando continental desde que Normandía deixou de pertencer á coroa inglesa no século XIII. Na actualidade, en xeral, o normando está máis presente nas áreas menos accesibles do antigo ducado de Normandía, as Illas Anglonormandas, a península de Contentin e o Pays de Caux


Dialectos

Normandía continental: Os dous principais dialectos son o normando propiamente dito e o normando meridional falado ó sur da liña Joret, unha isoglosa establecida por Charles Joret no século XIX, que ten solucións máis próximas ó mayennais e ó gallo, actualmente o normando meridional está mesturado co francés rexional e os falantes moitas veces non poden distinguir as realizacións do normando e as do francés. No normando propiamente dito conservánse relativamente ben o contentinais na península de Contentin e o cauchois no Pays de Caux, o augeron, do Pays de Auge, está case extinto.

Illas Anglonormandas:

    • Jerriais, dialecto da lla de Jersey
      • Sercrquiais, dialecto da illa de Sark, derivado do jerriais xa que a illa foi repoboada no século XVI por poboación procedente do norte de Jersey
    • Dgérnésiais, dialecto da illa de Guernsey
    • Auregnais, dialecto da illa de Alderney, agora extinto.

Influencia no inglés

Logo da conquista de Inglaterra polos normandos (1066) o inglés viuse influenciado polo normando, palabras de orixe normanda no inglés:

Inglés Normando Francés
fashion < faichon = façon
cabbage < caboche = chou (cf. caboche)
castle < castel = château, castelet
cauldron < caudron = chaudron
causeway < cauchie = chaussée
catch < cachi = chasser
cater < acater = acheter
mug < mogue/moque = tasse, boc
wicket < viquet = guichet (cf. piquet)

Modelo:Lingua románica