Estadio de Mestalla: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Estadio de fútbol |nome = Mestalla |imaxe = 320px |pé = |localización = Valencia, España [[Ficheiro:Flag of Sp..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2010 ás 20:53

Mestalla
Datos
LocalizaciónValencia, España
Construción
Inauguración20 de maio de 1923
Demolición2010
ArquitectoFrancisco Almenar Quinzá
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade55.000 espectadores
PropietarioValencia CF
LocalíaValencia CF
Eventos

O Estadio de Mestalla, oficialmente "Mestalla, camp del València", é o estadio do Valencia Club de Fútbol. O seu nome débese á acequia de Mestalla que pasa por baixo do campo. Está situado entre a Avenida de Suecia e a Avenida de Aragón na cidade de Valencia. Anteriormente, entre 1969 e 1974, chamouse Estadio Luís Casanova. Posúe unha capacidade de 55.000 espectadores todos sentados.

Inauguración

O Camp de Mestalla foi inaugurado o 20 de maio de 1923, tras ser bendicido o terreo de xogo, o alcalde de Valencia, Juan Artal, fixo o saque de honra previa ao partido inaugural entre Valencia CF e Levante FC. O resultado final foi de 1-0 vitoria para os propietarios con gol marcado por Arturo Montesinos Cebriá (Montes).

Eventos

Para a Copa do Mundo de Fútbol de 1982 foi elixido como sede da selección española para a disputa dos partidos desta na primeira fase. Igualmente aloxou os xogos da primeira rolda para o equipo nacional español nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Para a tempoprada 2008-09 o Estadio de Mestalla albergou a final da Copa do Rei o 13 de maio de 2009.

Ligazóns externas