Montecarlo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: bg:Монте Карло
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 45: Liña 45:
[[it:Monte Carlo]]
[[it:Monte Carlo]]
[[ja:モンテカルロ]]
[[ja:モンテカルロ]]
[[ka:მონტე კარლო]]
[[ko:몬테카를로]]
[[ko:몬테카를로]]
[[la:Mons Caroli]]
[[la:Mons Caroli]]

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2010 ás 17:21

Distrito de Monte Carlo en vermello.

Monte Carlo é un barrio do principado de Mónaco, coñecido polo seu casino. Aínda que en moitas ocasións se pense que Monte Carlo é a capital de Mónaco, isto non é así, xa que todo o Principado é a súa propia capital ao ser unha cidade-estado. Tamén é coñecido o barrio por acoller o Circuíto de Mónaco, no que ten lugar o Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1.

Historia

Fundada en 1866 foi nomeado así na honra do príncipe reinante da época, Carlos III de Mónaco. Na década de 1850 a familia reinante de Mónaco estaba case en quebra, como consecuencia da perda de dúas cidades que proporcionaban a maior parte dos ingresos do Principado cos seus cultivos de limón, laranxa e aceite de oliva. Neste época unha serie de pequenas cidades en Europa estaban crecendo en prosperidade con establecementos de xogo, como por exemplo a alemá Baden-Baden, así que en 1856, Carlos III deu unha concesión a Napoleón Langlois e Albert Aubert para establecer unha instalación de baños de mar para o tratamento de diversas enfermidades e construír un casino de estilo alemán en Mónaco.

O barrio de Monte Carlo foi atendido por tranvías de 1900 a 1953, que unían varias partes do Principado. En 2003 foi rematado no barrio un novo peirao de cruceiros.

Véxase tamén

Ligazóns externas