Luis Martín-Santos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Cambios baseados na bibliografía e na ligazón externa amosadas
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
Finou nun accidente de automóbil en 1964.
Finou nun accidente de automóbil en 1964.


==Obras de [[Psiquiatría]]==
==Obras de Psiquiatría==





Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2010 ás 14:37

Luis Martín-Santos, nado en Larache (Marrocos) o 11 de novembro de 1924 e finado en Gasteiz o 21 de febreiro de 1964, foi un médico psiquiátrico e escritor en lingua castelá. A súa novela máis coñecida é Tiempo de silencio (1961), obra de denuncia social cunha valente renovación estilística. A trama trancorre en Madrid no outono de 1949 e o autor amosa, con fina ironía, o panorama das clases sociais da cidade.


Biografía

Aos cinco anos trasladouse a Donostia, onde o seu pai (médico militar), fora destinado. Cursou Medicina en Salamanca e doctorouse en Madrid no 1947. Especializouse en Psiquiatría, tanto en Madrid coma na Alemaña. Á súa volta consegue o posto de director do Centro Psiquiátrico de Donostia, sendo frecuentes as súas estancias en Madrid, onde conta con amigos coma Sánchez Ferlosio ou Juan Benet.

Tamén tivo unha salientable actividade política, chegando a ser membro do Comité Executivo do daquela clandestino Partido Socialista Obrero Español, circunstancia pola cal foi detido en varias ocasións.

Finou nun accidente de automóbil en 1964.

Obras de Psiquiatría

  • Dithey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955)
  • Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964).

Obras literarias

  • Apólogos (1970), póstuma
  • Tiempo de destrución (1975), póstuma e inacabada.

Bibliografía

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura Española. Ed. Anaya


Ligazóns externas