Deron Williams: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: correccións ortográficas
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sv:Deron Williams
Liña 80: Liña 80:
[[ru:Уильямс, Дерон]]
[[ru:Уильямс, Дерон]]
[[sr:Дерон Вилијамс]]
[[sr:Дерон Вилијамс]]
[[sv:Deron Williams]]
[[ta:டெரான் வில்லியம்ஸ்]]
[[ta:டெரான் வில்லியம்ஸ்]]
[[tr:Deron Williams]]
[[tr:Deron Williams]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2010 ás 18:56

Modelo:InfBasquet Deron Michael Williams é un xogador de baloncesto estadounidense que na actualidade cumple a súa quinta tempada como profesional da NBA nas ringleiras dos Utah Jazz. Naceu o 26 de xuño de 1984 en Parkersburg, West Virginia. Mide 1,91 metros, pesa 95 kg. e xoga de base.

Traxectoria deportiva

Universidade

Williams comezou a súa andaina no baloncesto universitario no ano 2002, incorporándose ao equipo da Universidad de Illinois. No seu primeiro ano foi titular en 30 dos 32 partidos, rematando na terceira posición do ranking dos mellores pasadores da súa Conferencia, a Big Ten. No seu segundo ano mellorou o seu promedio anotador de 6,3 a 14 puntos, pasando a liderar ao equipo neste apartado, e mellorou a súa porcentaxe de asistencias, pasando a dar 6,1 por partido. Foi elixido no mellor quinteto da súa conferencia tanto polos adestradores coma pola prensa especializada.

En 2005 levou ao seu equipo á Final da NCAA, onde perderon ante a Universidad de Carolina del Norte. Ao rematar a tempada, e un ano antes de finalizar a súa carreira universitaria, declarouse elixible para o Draft da NBA.

Profesional

Foi elixido na terceira posición do Draft da NBA de 2005 polos Utah Jazz, por detrás do australiano Andrew Bogut e de Marvin Williams. Comezou a súa primeira tempada coma profesional dende o banco, aínda que pouco a pouco foi entrando no quinteto titular do equipo. Rematou a súa tempada de novato con 10,8 puntos e 4,5 asistencias, o que fixo que fora elixido no mellor quinteto de rookies do ano.

Deron comezou a tempada 2006-2007 coma titular, e os Jazz tiveron o mellor arranque da súa historia, con 12 partidos gañados por 1 perdido. Esta foi a tempada da súa confirmación, conseguindo ademáis 5 dobles-dobles e rematando o ano con 16,2 puntos e 9,3 asistencias de promedio.

Nos seus dous primeiros anos coma profesional participou en ámbolos dous no Rookie Challenge do All-Star Weekend, o partido entre novatos e xogadores de segundo ano da festa anual da NBA.

O seu terceiro ano na NBA foi a súa tempada de maior recoñecemento. Converteuse na estrela do equipo xunto a Carlos Boozer e aumentou as súas estadísticas ata chegar aos 18,8 puntos e 10,5 asistencias, promediando así un doble-doble. Por isto e por conseguir que os Utah Jazz se clasificaran no 5º posto da súa conferencia foi incluído no segundo mellor quinteto da NBA. Acudiu, tamén ao concurso de habilidades do All Star da NBA. Na eliminatorias polo título o equipo caeu eliminado en Semifinais de Conferencia ante Los Angeles Lakers por 4-2.

No ano 2008 celebráronse en Pekín as Olimpiadas, e Deron foi escolleito para formar parte do equipo estadounidense de baloncesto, que formara un dos mellores conxuntos da súa historia. Tras un torneo moi exitoso, os americanos venceron con dificultades aos españois, conseguindo así o ouro olímpico.

Na tempada 2008/09 os Jazz sufriron un descenso na clasificación por mor das constantes lesións dos seus principais xogadores e a falta de ritmo do equipo (Carlos Boozer, Deron Williams e Andrei Kirilenko perdéronse: 45, 14 e 15 encontros, respectivamente). Williams mantivo o nivel das súas estadísticas con 19,4 puntos e 10,7 asistencias. Nos playoffs da NBA voltaron a ser eliminados polos Lakers por un contundente 4 a 1.

Logros personais

Curiosidades

  • A súa nai, Denise Smith, e a súa tía, Judy Ward, xogaron ao baloncesto e ao voleibol en West Liberty State.
  • Os seus xogadores favoritos son Jason Kidd e Frank Williams.
  • A súa película preferida é Friday.
  • Ten unha filla chamada Danae.
  • Aínda non foi seleccionado para xogar o partido das estrelas do All-Star Game.

Ligazóns externas