Longford: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Cidade de Irlanda| |nome = Longford |nome_nativo = An Longfort |bandeira = |escudo = |lema = |imaxe = |lenda = |localización = Irland..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2010 ás 14:55

Modelo:Cidade de Irlanda Longford (An Longfort en irlandés) é unha vila do Condado de Longford, en Irlanda. É a capital do condado homónimo. Conta cunha poboación cercana aos 13.000 habitantes.

Nome

O seu nome vén do irlandés long (barco) e phoirt (porto).

Historia

Construída na veira do Río Camlin (derivado do gaélico "Cam line" - a liña quebrada) que é un afluente do Río Shannon. A vila foi fundada orixinalmente polos vikingos co nome de Long Phoirt. Os habitantes celtas de Éire non construíron ningunha vila, mais a zona estaba controlada por un clan local, que controlaba o Sur e a parte central do Condado de Longford (antigo Reino de Anghaile ou Annaly). A vila é ás veces coñecida tamén polo nome de Longphort Uí Fhearghail (Fort de O'Farrell), un priorato Dominicano fundado en 1400.

A catedral de St. Mel é a sé da diócese católica de Ardagh e Clonmacnoise, foi destruída por un incendio no Nadal de 2009.