Breogán: Diferenzas entre revisións
RNC (conversa | contribucións) m elimino frase fóra de contexto e que forma parte dunha opinión illada dentro da comunidade científica como recoñecen os seus autores. |
|||
Liña 14: | Liña 14: | ||
[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións"), o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona. |
[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións"), o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona. |
||
A visión de Eire explícase tecnicamente como un [[espellismo]] náutico, nomeadamente o efecto [[fada Morgana]]<ref>[http://www.youtube.com/watch?v=7BYA0KfeSE4</ref> Exemplo visual do efecto fada Morgana que os antropólogos da Smithsonian Institution, Bruce Bradley e Dennis Stanford<ref>http://www.neiu.edu/~circill/hageman/anth396/northatlantic.pdf</ref> utilizan para manter a tese do corredor do Atlántico norte a América no solutrense (hai 18000 anos). |
|||
==Notas== |
==Notas== |
Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2010 ás 14:56
Breogán é un mítico rei céltico de Galiza. Moitas versións existen sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega; en realidade foi o referente das tribos galaicas, pois o concepto de estado-nación procede do século XIX. O seu pai é Brath, e os seus fillos son Ith e Belenus, entre outros.
Etimoloxía
Fillo de Breo, "Breo-genus", Breo é o Brath gaélico. Existen unhas aras adicadas ao "deus lar Berobreo" localizadas no Monte Facho de Donón, no concello de Cangas do Morrazo. As aras estan escritas en latín, sendo de resaltar que "deus lar" significaba na súa orixe "difunto divinizado"[1], polo que se podería traducir como aras adicadas ao "difunto divinizado BeroBreo". De certo, os deuses lares ou da casa eran as representacions dos difuntos da familia aos que se pregaba axuda e protección [2].
A lenda
Existe unha lenda na que se conta que a estirpe de Breogán chega a Galiza desde Exipto, fuxindo das pragas da época de Moisés. Con toda probabilidade esta parte da lenda foi creada en tempos medievais, cando existía unha gran tradición cristiá, isto é no momento da sua transcripción, séculos XI-XII.
O anterior débese contrastar co achado dun escudo celta en Faiyum, Exipto, tal como nos mostra a obra clásica The Celts de T.G. Powell[3], onde se destaca que existían "mercenarios" celtas en Exipto dende o ano 274 a.C. En realidade os celtas carecían dunha historia escrita, pois a trasmitían oralmente (tamén o facían os gregos ata a compilación dos clásicos), non será ata a chegada do cristianismo a Eire cando se compile a historia celta en varias obras clásicas. Como indican os datos xenéticos, a colonización das Illas británicas e Irlanda aconteceu despois da última glaciación, hai por volta de 16000 anos, co cambio da sociedade de cazadores recolectores a sociedades agrícolas. A lenda tal como a coñecemos hoxe vencéllase á chamada cultura dos metais, en especial do bronce atlántico (cando os clásicos gregos falan das Illas Casitérides)[Cómpre referencia].
Galiza descríbese poeticamente no Himno galego coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda irlandesa incorporada no século XI á compilación Leabhar Ghabhála Érenn ("Libro das Invasións"), o rei Breogán, fundador da nación céltica galega, construíu na cidade de Brigantia (identificada coa actual Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira verde distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, saíndo dende Brigantia chegaron a Irlanda e conquistárona.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- T.G.E. Powell.Los Celtas, Oberón 2005. Tradución do clásico "The Celts", Thames&Hudson, 1958.
- Sykes, Bryan (2006). Blood of the Isles. Bantham Press. ISBN 978-05-9305-652-3.
- Wells, Spencer (2007). Nuestros antepasados. Proyecto Genographic. RBA libros. ISBN 978-84-8298-386-8. https://genographic.nationalgeographic.com/genographic/globe.html#/ms036/
- Sainero, R. Orígenes históricos,mitológicos, y literarios de la Península Ibérica. Revista Brathair, nº7(2)2007.