Acento prosódico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ar:نبر
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
:''Para o acento falado véxase: '''[[Acento ortográfico]]'''.''
:''Para o acento falado véxase: '''[[Acento ortográfico]]'''.''
O '''acento''' é unha forma de articulación da voz ao falar mediante a cal se destaca unha [[sílaba]] dunha [[palabra]] respecto das demais. É importante non confundir o acento que aquí se describe co signo gráfico que se coloca sobre unha letra en moitos idiomas. En realidade estes signos denomínanse ''[[til]]es'', e colócanse para identificarmos a sílaba que se acentúa, son ''tiles de acentuación''. No entanto, na linguaxe corrente denomínanse acentos a estes signos.
O '''acento''' é unha forma de articulación da voz ao falar mediante a cal se destaca unha [[sílaba]] dunha [[palabra]] respecto das demais. É importante non confundir o acento que aquí se describe co signo gráfico que se coloca sobre unha letra en moitos idiomas. En realidade estes signos denomínanse ''[[acento gráfico]]es'', e colócanse para identificarmos a sílaba que se acentúa, son ''acentuacións''. No entanto, na linguaxe corrente denomínanse acentos a estes signos.


Hai [[lingua]]s, como o [[Lingua inglesa|inglés]], o [[Lingua alemá|alemán]] e o [[Lingua galega|galego]], en que dita articulación consiste nunha maior intensidade, é dicir, un maior esforzo ao expirar o [[aire]]. Este acento recibe o nome de ''acento de intensidade, dinámico, espiratorio, articulatorio ou de sonoridade''.
Hai [[lingua]]s, como o [[Lingua inglesa|inglés]], o [[Lingua alemá|alemán]] e o [[Lingua galega|galego]], en que dita articulación consiste nunha maior intensidade, é dicir, un maior esforzo ao expirar o [[aire]]. Este acento recibe o nome de ''acento de intensidade, dinámico, espiratorio, articulatorio ou de sonoridade''.

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2010 ás 11:48

Para o acento falado véxase: Acento ortográfico.

O acento é unha forma de articulación da voz ao falar mediante a cal se destaca unha sílaba dunha palabra respecto das demais. É importante non confundir o acento que aquí se describe co signo gráfico que se coloca sobre unha letra en moitos idiomas. En realidade estes signos denomínanse acento gráficoes, e colócanse para identificarmos a sílaba que se acentúa, son acentuacións. No entanto, na linguaxe corrente denomínanse acentos a estes signos.

Hai linguas, como o inglés, o alemán e o galego, en que dita articulación consiste nunha maior intensidade, é dicir, un maior esforzo ao expirar o aire. Este acento recibe o nome de acento de intensidade, dinámico, espiratorio, articulatorio ou de sonoridade.

Noutras linguas, como o grego, o acento consiste na elevación do ton da voz, nunha maior tensión das cordas vogais ao emitir a sílaba acentuada. Neste caso o acento recibe os nomes de acento tónico, musical, de altura, cromático ou melódico.

En galego dáse o nome de acento tónico ao acento de intensidade.

Ambos acentos poden existir nunha mesma lingua, prevalecendo un sobre o outro, o cal constitúe a circunstancia máis estendida, pero tamén poden darse con exclusividade.

Recoñécense tradicionalmente tres graos de intensidade no acento:

  • forte, medio e feble (no dinámico).
  • longo, normal e breve (no cuantitativo).
  • agudo, circunflexo e grave (no melódico).

Hai linguas de acento fixo nas cales o acento recae sobre unha sílaba determinada, segundo a estrutura da lingua, como no latín, o céltico ou as linguas xermánicas, e outras que posúen un acento condicionado ou libre, cuxa sede está determinada por circunstancias fonéticas, morfolóxicas ou sintácticas, como no galego:

canto - cantamos

Existe tamén o acento de insistencia, retórico, enfático, expresivo ou afectivo, que recae sobre unha sílaba átona, e que pon de relevo a palabra á que pertence. Este acento aumenta a intensidade e, polo xeral, tamén a altura e duración da sílaba afectada. En francés por exemplo, o acento intensivo cae sobre unha consoante, cuxo alongamento ou xeminación produce o aumento de intensidade da vogal seguinte, como en:

ti es a[d]Dorable

Distínguese tamén entre acento afectivo e acento intelectivo, que ten por obxecto resaltar unha noción para caracterizala ou distinguila.

Outro significado de acento é o que se refire á forma de falar un idioma característica dun colectivo de persoas que habitan nunha zona xeográfica, do mesmo xeito que unha persoa pode ter un acento de pronunciación característico. Así falariamos, por exemplo, do acento andaluz ou o acento mexicano. Un acento destas características non é nunca un idioma propio, senón, como se dixo, a forma peculiar de pronunciar as palabras dun idioma en xeral. Este acento tamén se denomina ton ou deixe.

Erros frecuentes no acento de intensidade

Nas seguintes palabras é frecuente, por castelanismo, o emprego incorrecto das mesmas ó converter en tónica unha sílaba que non o é:

Causas xerais

Pódese comprobar que existen certos grupos que responden a un mesmo parámetro de comportamento acentual:

  • procedentes de diminutivos latinos:
  • nomes químicos:
  • compostos homoxeneizados:

As regularizacións non teñen por que ser interpretarse coma regulares: mentres diocese, arquidiocese, esexese e osmose manteñen os sufixos coma átonos, psoríase e énclise fórmanse coma esdrúxulas. Isto débese a que o falante pode entender coma dous sufixos iguais o que en realidade son distintos:

Estas homoxeneidades poden ser reais entre sufixos iguais ou aparentes entre sufixos semellantes, coma en:

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas