Heidelberg: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: is:Heidelberg
Sen resumo de edición
Liña 87: Liña 87:
*[http://www.sino.uni-heidelberg.de/students/tjuelch/ Heidelberg and the Palatine] Información detallada sobre historia e arquitectura, ilustrada con moitas imaxes
*[http://www.sino.uni-heidelberg.de/students/tjuelch/ Heidelberg and the Palatine] Información detallada sobre historia e arquitectura, ilustrada con moitas imaxes
*[http://www.stadtpanoramen.de/heidelberg/heidelberg.html Panorama Heidelberg], vistas panorámicas de Heidelberg
*[http://www.stadtpanoramen.de/heidelberg/heidelberg.html Panorama Heidelberg], vistas panorámicas de Heidelberg
*[http://www.bertha-benz.de/indexen.php?inhalt=home Bertha Benz Memorial Route] (Mannheim-Heidelberg-Pforzheim) {{en}}






Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2010 ás 16:00

Modelo:Cidade Alemaña Heidelberg é unha cidade situada no val do río Neckar no noroeste de Baden-Württemberg (Alemaña). é famosa polo seu centro histórico co castelo de Heidelberg e a universidade máis antiga do país[1], e é por iso destino de moitos turistas.

Heidelberg ten 145.000 habitantes. É unha «cidade independente» (en alemán kreisfreie Stadt) e ao mesmo tempo centro do «distrito Rhein-Neckar» (en alemán Rhein-Neckar-Kreis). A rexión ten unha densidade de poboación elevada, e onde Heidelberg está situada, chámase Rhein-Neckar-Dreieck.

Historia

Castelo de Heidelberg
Hotel «Zum Ritter» («ao cabaleiro»), un dos moitos edificios de estilo barroco
Praza do Mercado, sitio de cafés en verán e do Weihnachtsmarkt («mercado de nadal») en inverno

A mandíbula do chamado "Home de Heidelberg", descuberta en 1907, constitúe unha das primeiras probas da vida humana en Europa fai aproximadamente 600.000 anos.

No século V a.C., existía unha fortaleza celta e un lugar de culto na Heiligenberg, ou «Montaña dos Santos».

No ano 40 o exército romano construíu e ocupou un forte que mantivo alí campamentos permanentes, así como unha torre de sinalización na ribeira do Neckar, construíndo unha ponte de madeira sobre o río. Así, os primeiros asentamentos civís desenvolvéronse baixo a protección do campamento. Os romanos manteríanse até o 260, cando o campamento foi conquistado por pobos xermánicos.

As orixes da moderna Heidelberg remóntanse ao século V, cando a aldea Bergheim é mencionada por primeira vez en documentos datados no ano 769. Bergheim estabeleceuse no centro de Heidelberg. Case un século máis tarde, en 863, fundouse o mosteiro de San Miguel no interior da dobre muralla da fortaleza celta.

En 1155 o Castelo de Heidelberg é asumido pola casa de Hohenstaufen, uníndose en 1195 o Palatinado á Casa de Welf por matrimonio. En 1225, Lois I duque Baviera obtén o Palatinado, e por tanto tamén o castelo, e en 1356, os condes Palatine concédense dereitos de gran alcance na famosa "Bula de Ouro", ademais de converterse en electores.

En 1386, é fundada a Universidade de Heidelberg por Ruperto I, Elector do Palatinado. A universidade desempeña un papel fundamental na época do humanismo e a reforma. A biblioteca de Heidelberg, fundada en 1421, é a máis antiga biblioteca pública en Alemaña aínda intacta. Uns meses despois da proclamación das 95 Teses, en abril de 1518, Martiño Lutero foi recibido en Heidelberg, para a súa defensa.

En 1620, a coroa real de Bohemia foi ofrecida ao Elector, Federico V do Palatinado (casado con Isabel Estuardo, filla maior de Xacobe VI de Escocia). Chegou a ser coñecido coma o "Rei de Inverno", xa que só reinou durante un inverno ata que a Casa de Habsburgo recuperou a coroa pola forza. Isto marcou o inicio a Guerra dos Trinta Anos. Dous anos máis tarde en 1622, tras un asedio de dous meses, os exércitos da Liga Católica, comandada polo Conde de Tilly, conquistaron Heidelberg. Dando como agasallo ao Papa a Biblioteca Palatina da Igrexa do Espírito Santo. A rama Bávara da casa de Wittelsbach impuxo o seu control sobre o Palatinado e tomou o título de Príncipe Elector. En 1648, ao final da guerra, o fillo de Federico V, Carlos Luís puido recuperar os seus títulos e terras.

Co fin de fortalecer o seu poder dinástico, Carlos Luís casou a súa filla con Filipe I, duque de Orleans, irmán de Luís XIV, rei de Francia. En 1685, despois da morte de Carlos Luís, Luís XIV reclamou o dereito de sucesión. A reclamación foi rexeitada, o que desatou a guerra. En 1689, a cidade e o castelo foron tomados polas tropas francesas, levando á súa destrución case total en 1693.

En 1815, o Emperador de Austria, o Emperador de Rusia e o Rei de Prusia formaron a "Santa Alianza" en Heidelberg. En 1848, decidiuse ter unha Asemblea Nacional Alemá en Heidelberg. En 1849, durante a rebelión Palatinado - Baden, Heidelberg foi o cuartel xeral dun exército revolucionario que foi derrotado por un exército prusiano preto de Waghaeusel. Até 1850, a cidade estivo ocupada polas tropas de Prusia.

Entre 1920 e 1933, a Universidade de Heidelberg e a súa reputación víronse favorecidas por unha serie de notables médicos (Czerny) e humanistas (Rohde, Weber).

Entre 1933 e 1945, Durante o réxime nazi, Heidelberg é unha das prazas fortes do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores, que era o máis forte nas eleccións antes de 1933. De 1934 a 1935, o réxime construíu un enorme anfiteatro en Heiligenberg no norte da parte antiga de Heidelberg para celebrar os acontecementos das SS. O teatro chámase Thingstätte e aínda se utiliza para concertos e eventos ocasionais.

Hai teorías de que Heidelberg escapou de ser bombardeada na Segunda Guerra Mundial polo Exército dos Estados Unidos, porque este quería facer uso de Heidelberg como guarnición despois da guerra. De feito, como Heidelberg non era nin un centro industrial ou de transportes, e os ataques aéreos centráronse nas cidades industriais de Mannheim e Ludwigshafen. En 1945, grazas ao cirurxián Karl Heinrich Bauer e o filósofo Karl Jaspers, a Universidade volveu abrir.

Cultura e educación

O programa alemán para o fomento da investigación científica e as actividades académicas de alto nivel, financiado con recursos federais e rexionais, levou a cabo en 2007, un "concurso de excelencia" entre os centros de estudos superiores do país. Resultaron gañadoras seis universidades de todo o país entre as que se atopaba a de Heidelberg, sendo distinguida coa etiqueta de Universidade de Elite[2]. En 2006 un de cada cinco habitantes da cidade era estudante universitario[3].

Lugares de interese

A porta da ponte ao sur do Neckar
Unha rúa lateral da zona de peóns
Vista de Heidelberg dende o castelo

Segundo un informe da Escola Superior de Medicina de Hannover dado a coñecer en 2007, é a terceira "cidade máis saudábel" de Alemaña, soamente superada por Ulm e Erlangen. A análise tomou en conta valores como a calidade do aire, o servizo médico ou a cantidade de espazos verdes e deportivos entre outros factores.[4].

Como é característico na maioría de cidades alemás, o transporte público está ben organizado e é fácil desprazarse pola cidade en calidade de turista. A ruta do viño está situada na área da cidade de Neustadt an der Weinstraße, preto de Heidelberg[5].

Centro histórico de Heidelberg. En primeiro plano o Alte Brücke (!Ponte Vella") sobre el río Neckar. No centro a Heiliggeistkirche ("Igrexa do Espírito Santo") e ao fondo o castelo de Heidelberg. Fotografado dende el Philosophenweg ("paseo de los filósofos"). Todos eses lugares son atraccións turísticas.

Castelo de Heidelberg

O castelo de Heidelberg non é só o lugar máis destacado da cidade, senón quizais a ruína máis famosa de Alemaña. Consta de varios edificios, incluído a Dicker Turm ("torre gorda") que foi estourada e o xardín desde onde se ten unha magnífica vista sobre o val e a urbe. No seu interior alberga o Museo Alemán de Farmacia e o barril grande do castelo de Heidelberg. Cada ano hai espectáculos populares, como os Schlossfestspiele (festivais teatrais no castelo) e bailes como o Ball der Vampire ("Baile dos Vampiros").

Centro histórico

O centro histórico de Heidelberg está ben conservado e consiste principalmente dunha gran zona peonil, onde se atopan varias igrexas, por exemplo a Heiliggeistkirche ("igrexa do Espírito Santo"), e moitos edificios de estilo barroco. Aquí tamén se acha o centro da Universidade de Heidelberg coa súa biblioteca e o Karzer ("prisión de estudantes"), á beira de tendas e bares.

Igrexas importantes

A igrexa do Espírito Santo é a igrexa máis coñecida de Heidelberg. Atópase no centro da cidade, non moi lonxe do castelo de Heidelberg. No pasado serviu como sitio de resgardo da famosa Bibliotheca Palatina, pero durante a guerra dos Trinta Anos foi roubada a colección de manuscritos e impresos antigos do príncipe do Palatinado Maximiliano I, dados ao papa como agasallo. Dentro de pouco comezarase a restaurar, e a entrada oeste volverá ser a entrada principal.

A igrexa de San Pedro é a igrexa máis antiga de Heidelberg. É probable que esta igrexa fose construída antes da mesma fundación de Heidelberg. Calcúlase a súa antigüidade en 900 anos. Na Idade Media tardía foi convertida en capela universitaria. É ademais lugar de sepultura duns cento cincuenta profesores e nobres palatinados. Entre outros, alí atópase enterrado Marsilius von Inghen, o reitor fundador da Universidade de Heidelberg. En 1883 foi plantado o piñeiro de Lutero na parte oriental para celebrar o cuatricentenario do seu nacemento.

A igrexa das Xesuítas atópase máis preto da praza de Bismark. É considerada como unha mostra da contrarreforma en Heidelberg e foi centro do barrio das xesuítas. Data de 1749.

Ponte antiga

O seu verdadeiro nome é Carl-Theodor-Brücke ("ponte de Carl Theodor"), denominado así en honra do Príncipe Elector Carl Theodor, quen a construíu antes de 1786.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas