Breogán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m retiro datos históricos xenéticos, non son de Breogán son en todo caso de todo o conxunto da poboación das illas británicas.
Liña 12: Liña 12:


[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións") o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona.
[[Galiza]] descríbese poeticamente no [[Himno galego]] coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda [[Irlanda|irlandesa]] incorporada no [[século XI]] á compilación [[Leabhar Ghabhála Érenn]] ("Libro das Invasións") o [[rei]] Breogán, fundador da [[nación]] céltica galega, construíu na cidade de [[Brigantia]] (identificada coa actual [[Coruña]]) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira [[verde]] distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde [[Ith]] sería asasinado. En vinganza, os fillos de [[Mil]], neto de Breogán, saíndo dende [[Brigantia]] chegaron a Irlanda e conquistárona.

== Datos histórico-xenéticos ==
{{Atención|Este non é o artigo acaído para esta información}}
[[Ficheiro:Distribution Haplogroup R1b Y-DNA.svg|300px|thumb|Distribución do haplogrupo R1b ]]
Bryan Sykes (profesor de xenética humana no Instituto de Medicina Molecular da Universidade de Oxford, Decano do Wolfson College (Oxford) e fundador da empresa Oxford Ancestors) publicou no ano 2006 o libro "The Blood of the Isles", onde sobre a base do ADN de 10.000 voluntarios elaborou o mapa xenético de Eire e Inglaterra, mostrando a vinculación xenética da poboación con devanceiros provintes da [[Península Ibérica|península ibérica]].<ref>Sykes, Bryan (2006).</ref>

Spencer Wells na súa obra "''Nuestros antepasados''" publicado en castelán no 2007 (director do proxecto "Genographic" de National Geographic), estableceu a dominancia dos marcadores xenéticos do ADN mitocondrial na península ibérica -en [[Galiza]]-, haplogrupos R1b, I1a, dende hai 16.000 anos (no último máximo glaciar) e a súa posterior extensión ao noroeste de Europa (isto é a liña materna da árbore do ADN). Na mesma obra dentro do estudo da árbore do cromosoma Y, o marcador M173 refire a mesma historia, sendo dominante na península Ibérica -en Galiza- e nas Illas británicas.

Estas dúas obras concordantes nos resultados, danlle verosimilitude ás obras clásicas do [[século XI|XI]] é [[século XII|XII]] que compilaban as sagas irlandesas, como as obras historiográficas sobre as tribos galaicas e as súas tradicións até a conquista romana. E ambas obras falan dunha repoboación por homes e mulleres provintes da península ibérica despois do último máximo glaciar. Así mesmo son un reforzo para os historiadores que defenden as teses da sociedade do Bronce e do Ferro atlántico, establecendo a ruta da repoboación.

Todo este grupo emparentado conforma o Haplotipo Modal Atlántico (AMH) do R1b, tamén chamado haplotipo 15, cos alelos: DYS388 12, DYS390 24, DYS391 11, DYS392 13, DYS393 13, DYS394 14 (tamén coñecido como DYS19).


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2010 ás 15:23

Breogán é un mítico rei céltico de Galiza. Moitas versións existen sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega -en realidade foi o referente das tribos galaicas, o concepto de estado-nación procede do século XIX-. O seu pai é Brath, e os seus fillos son Ith e Belenus, entre outros.

Etimoloxía

Fillo de Breo, "Breo-genus", Breo é o Brath gaélico. Existen unhas aras adicadas ao "deus lar Berobreo" localizadas no Monte Facho de Donón, no concello de Cangas do Morrazo. As aras estan escritas en latín, sendo de resaltar que "deus lar" significaba na súa orixe "difunto divinizado", polo que se podería traducir como aras adicadas ao "difunto divinizado BeroBreo" ou "verdadeiro-Breo"[Cómpre referencia].

A lenda

Existe unha lenda na que se conta que a estirpe de Breogán chega a Galiza desde Exipto, fuxindo das pragas da época de Moisés. Con toda probabilidade esta parte da lenda foi creada en tempos medievais, cando existía unha gran tradición cristiá, isto é no momento da sua transcripción, séculos XI-XII.

O anterior débese contrastar co achádego dun escudo celta en Faiyum, Exipto, tal como nos mostra a obra clásica "Los Celtas" de T.G. Powell[1], onde se destaca que existían "mercenarios" celtas en Exipto dende o ano 274 a.C. En realidade os celtas carecían dunha historia escrita, pois a trasmitían oralmente (tamén o facían os gregos ata a compilación dos clásicos), non será ata a chegada do cristianismo a Eire cando se compile a historia celta en varias obras clásicas. Como indican os datos xenéticos a colonización das illas británicas e irlanda aconteceu despois do último máximo glaciar fai uns 16000 anos no cambio da sociedade de cazadores recolectores a sociedades agrícolas. A lenda tal como a coñecemos hoxe vencellase a chamada cultura dos metais,en especial do bronce atlántico (cando os clásicos gregos falan das illas casitérides).

Galiza descríbese poeticamente no Himno galego coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda irlandesa incorporada no século XI á compilación Leabhar Ghabhála Érenn ("Libro das Invasións") o rei Breogán, fundador da nación céltica galega, construíu na cidade de Brigantia (identificada coa actual Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira verde distante dende o seu cumio. A ollada desa terra verde distante enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, saíndo dende Brigantia chegaron a Irlanda e conquistárona.

Notas

  1. Powell, T.G., Los Celtas, páx. 130.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía