Ducado de Friúl: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Retiro categorías redundantes
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es, lt, pl, pt, ru, uk
Liña 61: Liña 61:
[[de:Herzogtum Friaul]]
[[de:Herzogtum Friaul]]
[[en:Duchy of Friuli]]
[[en:Duchy of Friuli]]
[[es:Ducado de Friuli]]
[[it:Ducato del Friuli]]
[[it:Ducato del Friuli]]
[[lt:Friulio hercogystė]]
[[pl:Księstwo Friuli]]
[[pt:Ducado do Friul]]
[[ru:Герцогство Фриульское]]
[[uk:Герцогство Фріульське]]

Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2010 ás 08:18

O Ducado de Friul foi un dos grandes ducados da Lombardía. Serviu de 'parachoques' entre Italia e os pobos eslavos, a pesar de que, a miúdo, xunto cos ducados de Spoleto, Benevento e Trento, Friúl intentaba establecer a súa independencia da autoridade real.

A provincia de Friúl foi a primeira de Italia que conquistaron os longobardos guiados por Alboíno o ano 568. Alboíno deixou o goberno da rexión en mans do seu sobriño, Xisulfo I de Friúl, ao cal se lle permitir escoller as familias nobres coas que se quería establecer. O emprazamento orixinal situouse entre os Alpes Cárnicos polo norte e os Alpes Xulianos polo leste, onde o acceso era bastante difícil. Estaba rodeado polo Exarcado de Ravenna polo sur, onde non tivo acceso ao mar ata máis adiante, e por unha chaira que conducía a Panonia, un punto de acceso perfecto para los invasores como os croatas, os ávaros, e posteriormente os húngaros. A beira oeste do territorio estivo sen definir ata que posteriores conquistas estableceron o Ducado de Ceneda, situado alén do río Tagliamento. Orixinalmente a capital da provincia foi Aquileia, pero a capital longobarda de Friúl foi Forum Iulii, actualmente Friúl.

O ano 615 conquistouse Concordia (situada na actual Suíza) e o 642 Opitergium (actual Oderzo). De dita forma os duques estenderon a súa autoridade cara ao sur en contra do Exarcado de Ravenna. O ano 663, a capital foi conquistada polos ávaros por un breve período de tempo, xa que Grimoaldo I de Benevento non tardou en recuperala. Despois do asedio de Pavía o ano 774, Carlomagno permitiu a Hrodgaud de Friúl conservar o ducado, o cal continuou baixo o poder dos francos ata o ano 828, momento en que se dividiu en condados e desapareceu. Posteriormente volvéronse reunir baixo a Marca de Friúl o ano 846.

Lista de duques e marqueses de Friúl

Os duques e marqueses de Friúl foro nos gobernantes do Ducado e a Marca de Friúl durante a Idade Media.

Duques longobardos

Nomeamentos carolinxios

Duque

Marqueses

Ligazóns externas